Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO CONVOCA A PRIMEIRA MARCHA CICLISTA ESCOLAR
O CONCELLO CONVOCA A PRIMEIRA MARCHA CICLISTA ESCOLAR
Se desenvolverá o xoves 19 de Xuño, e participarán 600 escolares dos colexios públicos e concertados de Narón.
Narón, 17 de Xuño de 2008.- O Concello de Narón ven de presentar a primeira Marcha Ciclista Escolar, que se celebrará o vindeiro 19 de Xuño e na que participarán 600 escolares, acompañados por 80 nais e pais e 30 mestres, ademáis de xente que colaborará de forma externa. A Policía Local de Narón será a encargada de velar pola seguridade dos ciclistas en todo momento do percorrido.

A Marcha partirá ás 9:15 horas do Colexio de A Solaina, e irá recollendo ós escolares (participan alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria) nos seguintes colexios: Ayala, Virxe do Mar, Santiago Apóstol, A Gándara, e Piñeiros (onde se sumarán tamén os estudiantes de O Feal, o CRA e o Jorge Juan). O percorrido finalizará no paseo marítimo de Xuvia, ata onde se desprazarán tamén os escolares do Ponte de Xuvia.

Neste punto se instalará unha carpa na que se repartirán bocadillos e bebidas para que os participantes recuperen forzas, e se levará a cabo un sorteo de regalos. A organización habilitará ademáis un autobús para aqueles nenos que aínda non sepan andar en bicicleta, co fin de que poidan participar tamén no evento, cun horario de finalización previsto para as 12:45 horas.

Segundo explicou o encargado de Seguridade Vial do Concello, o policía Pedro Caneiro, os obxectivos desta Marcha Ciclista Escolar son dous. “Queremos potenciar a educación vial, e tamén fomentar o uso da bicicleta e do casco, especialmente agora que o petróleo ten un prezo elevadísimo”, comentou.

Pola súa banda, o responsable de Seguridade Cidadá e Deportes, o Concelleiro Guillermo Sánchez Fojo, expresou a súa satisfacción “por poder presentar un evento destas características”, convocado polo Concello e dirixido a tódolos centros escolares públicos e concertados do municipio. A Marcha Ciclista está aberta tamén a tódolos veciños de Narón que desexen participar.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal