Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE ENTREGA DE COMUNICACIÓNS E SOLICITUDE DE PERMISOS PARA REALIZAR FOGUEIRAS EN SAN XOÁN E SAN PEDRO
ABERTO O PRAZO DE ENTREGA DE COMUNICACIÓNS E SOLICITUDE DE PERMISOS PARA REALIZAR FOGUEIRAS EN SAN XOÁN E SAN PEDRO
Os impresos poden descargarse da páxina web do Concello de Narón ou solicitalos no Rexistro municipal, donde deben entregarse xunto coa documentación pertinente no caso de que a fogueira se realice nun espazo público
Narón, 21 de xuño de 2017. O Concello de Narón ten a disposición da veciñanza uns modelos de solicitude de comunicacións e permisos que deben cumplimentar e entregar no Rexistro municipal obrigatoriamente todas aquelas persoas que realicen fogueiras nas noites de San Xoán e San Pedro. Os impresos poden descargarse da páxina web do Concello, a través da web: www.naron.es ou solicitalos no Rexistro municipal, debendo entregar unha documentación complementaria (certificacións, pólizas de seguros, plan de seguridade…) e cubrir un anexo no caso de que se trate dunha fogueira nun espazo público ou nun privado. Nestes últimos casos deben tramitarse os impresos como comunicacións.
Desde o Speis de Narón, dependente da Concellería de Seguridade Cidadá que dirixe o edil Guillermo Sánchez Fojo, indicaron que as lumieiras deben alonxarse das vivendas un mínimo de 50 metros, así como de vehículos, instalacións, zonas con vexetación susceptibles de queimas e tendidos eléctricos e telefónicos. As fogueiras non poden superar os cinco metros de altura nin os tres de diámetro e non se poden queimar materiais perigosos nin tóxicos (aerosois, aceites, plásticos…). En canto á ubicación das mesmas, desde o Speis Narón inciden en que as que se realicen en lugares públicos deben facerse protexendo antes o pavimento cunha capa de area que cubra a totalidade da superficie da fogueira e subliñaron que no caso de que se levante vento ou se dificulte a vixilancia do lume é obrigatorio apagalo de inmediato, controlando en todo momento a zona ata a total extinción do mesmo. O responsable dos danos que puidera ocasionar o lume será sempre a persoa que realice a comunicación ou autorización. Así mesmo, desde o Speis de Narón indicaron que para aclarar calquera posible dúbida ou en situacións de emerxencia se pode chamar aos números de teléfono: 981 337 700; 981 390 000; 080 e 112.
A maiores, a administración autonómica prohibiu as queimas agrícolas e forestais en Galicia, debido á ola de calor. Queda tamén prohibido realizar grelladas na época de máximo risco de incendio, establecida entre o 1 de xullo e o 30 de setembro. O municipio está considerado como zona “de alto risco”, polo que se advirte á veciñanza da importancia de cumprir as medidas establecidas ao respecto para evitar posibles incendios. A Xunta de Galicia ten a disposición da cidadanía a través da Consellería de Medio Rural un enlace a través do que se pode consultar a diario o Índice de Risco de Incendio (IRDI) en Galicia:http://mediorural.xunta.gal/nc/areas/forestal/incendios_forestais/irdi/. No caso de que o indicador alerte de que o índice do concello consultado é alto ou extremo, quedará prohibido utilizar as grelladas, independentemente de que o día se atope ou non entre o período anteriormente citado (nos meses de xullo a setembro). Para calquera aclaración pódese chamar ao número de teléfono 012, da Consellería de Medio Rural.
Así mesmo, desde o Concello incidiuse en que todas estas medidas quedan suxeitas ás indicacións que a maiores se poidan realizar desde a administración autonómica.


Descarga de archivos
Modelo de solicitudeTamaño: 252,38 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal