Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O GOBERNO LOCAL REGULARÁ A PARTICIPACIÓN CIDADÁ NOS PROCESOS DE PLANIFICACIÓN, ELABORACIÓN E AVALIACIÓN DA NORMATIVA MUNICIPAL
O GOBERNO LOCAL REGULARÁ A PARTICIPACIÓN CIDADÁ NOS PROCESOS DE PLANIFICACIÓN, ELABORACIÓN E AVALIACIÓN DA NORMATIVA MUNICIPAL
A proposta, que se levará ao pleno de final de mes, permitirá á veciñanza formular as consideracións que estime oportunas sobre os citados documentos
Narón, 22 de xuño de 2017. O equipo de goberno de Narón levará ao pleno da vindeira semana a proposta para regular a participación cidadá nos procesos de planificación, elaboración e avaliación da normativa municipal do Concello. A proposta abordarase previamente na Xunta de Portavoces do vindeiro luns, día 26, tal e como indicou a edil de Participación Cidadá, Catalina García.
En aras do cumprimento da normativa vixente ao respecto, as normas, ordenanzas –non orzamentarias nin fiscais- e regulamentos municipais someteríanse a unha consulta previa para que a cidadanía, antes de proceder á súa redacción, teña a oportunidade de formular as consideracións que estime oportunas sobre os citados documentos. O prazo xeral para a consulta pública de cada iniciativa, que se publicará na web do Concello, será de 15 días naturais, aínda que en determinados casos poderase fixar un superior desde Alcaldía.
García explicou ademais que a maiores, e para completar o proceso, estase a traballar desde a área de Participación Cidadá coa de Novas Tecnoloxías, presidida pola edil Natalia Hermida, para a implantación dunha plataforma que permita ás veciñas e aos veciños participar a través de internet nesta proposta, evitando así que teñan que desprazarse ao Concello para facelo. A edil de Participación Cidadá apuntou ao respecto que así se lles comunicou xa aos integrantes do Consello Xeral de Participación celebrado hai unhas semanas no Concello.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal