Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE RECIBIU NO SEU DESPACHO A REPRESENTANTES DA ASOCIACIÓN DE FERROLTERRA DE MEDIACIÓN
O rexedor local, José Manuel Blanco, destacou que se trata dun servizo que "permitirá desconxestionar parte do traballo dos xulgados"
Narón, 23 de xuño de 2017. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibiu no seu despacho a Adela Fernández e María Ángeles Díaz, presidenta e vocal, respectivamente, da Asociación de Ferrolterra de Mediación (Afemedia). As representantes da asociación deron a coñecer ao rexedor local a entidade, que se presentará publicamente o vindeiro 28 de xuño en Ferrol –ás 20.00 horas no Hotel Almirante-. Blanco asegurou que se trata “dun servizo novidoso e que permitirá desconxestionar parte do traballo dos xulgados”, ao tempo que destacou o importante papel que xogan os mediadores en determinadas situacións para poder chegar a acordos entre as partes. A entidade, sen ánimo de lucro, constituíuse en marzo deste ano co obxectivo de desenvolver e divulgar a mediación en Galicia, cun equipo de mediadores para compartir experiencias, inquedanzas e coñecementos. A actividade dos citados mediadores, facilitando o diálogo en casos de conflitos entre dúas ou máis persoas, desenvólvese nos ámbitos familiar, escolar, sanitario, deportivo, veciñal, etc. e as representantes da asociación incidiron nas vantaxes deste tipo de acccións, en canto á rapidez, economía e eficiencia, entre outras. Afemedia ofrece colaboración e cooperación a outras entidades públicas e privadas e ten a súa sede no Cantón de Molíns, 8-9 (entrechán), en Ferrol. As persoas interesadas en contactar coa asociación poden facelo a través do número de teléfono 698 157 584 ou do correo electrónico afemedia@afemedia.es. Tamén poden consultar información a través da páxina: www.afemedia.es.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal