Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO ORGANIZA COA AVV ALTEA A "XVI ALTEADA" QUE SE CELEBRARÁ O 9 DE XULLO EN XUVIA
O CONCELLO ORGANIZA COA AVV ALTEA A
A Confraría de Pescadores de Barallobre colabora este ano no evento, subministrando a ameixa rubia que se cociñará para un dos platos do menú desta festa gastronómica
Narón, 26 de xuño de 2017. O paseo marítimo de Xuvia acollerá o vindeiro 9 de xullo a celebración da décimo sexta edición da Alteada, a tradicional festa de exaltación do marisco na que este ano cobrará protagonismo a ameixa rubia da ría. Os edís de Festas e Promoción Económica, Mar Gómez e Pablo Villamar, respectivamente, presentaron o evento xunto con Marcial Puente, representante da AVV Altea –que organiza esta cita co Concello- e Carlos Rey, patrón maior da Confraría de Pescadores de Barallobre, que este ano colabora na festa subministrando a ameixa rubia que se degustará ao mediodía. As persoas interesadas en asistir poden adquirir xa os tickets no local social da AVV Altea, na rúa Foro, 43 (Xuvia), de luns a venres en horario de 9.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00. O prezo é de 10 euros por un menú con ameixa rubia á mariñeira, paella, sobremesa e bebidas incluídas. Amenizará a xornada un grupo musical.
Os edís naroneses destacaron esta colaboración a tres bandas para poñer en valor un produto da ría, neste caso a ameixa rubia, da que o representante da Confraría de Pescadores de Barallobre destacou que “é de moi boa calidade, dun tamaño grande e moi saborosa”.
A Asociación de Veciños Altea agradeceu a colaboración do Concello, que se presta desde a primeira edición desta festa gastronómica, celebrada como Alteada desde o ano 2001 e que chegou a congregar a uns seiscentos comensais na parroquia nalgunha das edicións anteriores. Tamén destacou Puente a colaboración da Confraría de Pescadores de Barallobre.
Desde a organización animaron á veciñanza de Narón e doutros concellos da comarca a participar nesta Alteada, concebida como unha Festa da ameixa rubia, e na que os asistentes terán a oportunidade de degustar este produto, así como a paella que se preparará para a ocasión.
Para máis información sobre este evento pódese contactar coa AVV Altea, a través do número de teléfono 981 393 561 ou do correo electrónico: av.altea2003@gmail.com.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal