Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE CONVOCA SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ONGD GALEGAS
O FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE CONVOCA SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ONGD GALEGAS
As entidades dispoñen de prazo ata o 22 de xullo para tramitar as subvencións a través do citado organismo, podendo presentar un máximo de dous proxectos
Narón, 28 de xuño de 2017. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade mantén aberta ata o 22 de xullo unha convocatoria de subvencións para proxectos de cooperación ao desenvolvemento impulsados por ONGD galegas ou con sede en Galicia. Así o recordou a concelleira de Acción Social e Participación Cidadá, Catalina García, que destacou que a iniciativa está dotada, en conxunto, con 150.000 euros, unha contía que se incrementa nun 50% con respecto á anterior convocatoria, do ano 2014.
Con cargo a esta partida financiaranse actuacións de entre un ou dous anos de duración e que deben comezar o 1 de xaneiro de 2018, se ben o importe máximo a conceder por proxecto é de 50.000 euros, podendo presentar cada entidade un máximo de dous, tal e como se indicou desde o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. As ONGD que presenten as súas propostas deberán contar con presenza en Galicia desde alomenos hai dous anos e ter unha experiencia mínima de doce meses no país e no sector de actuación.
A Secretaría técnica do Fondo Galego e a Comisión Avaliadora de proxectos –integrada por cinco representantes técnicos de administracións locais e provinciais- encargaranse de analizar os proxectos presentados a esta convocatoria.
Catalina García apuntou que desde o goberno local se informará, a través da Concellería de Participación Cidadá, á veciñanza sobre a existencia destas axudas. A edil animou ás ONGD que cumpran os requisitos establecidos a presentarse a esta convocatoria para que poidan materializar algún dos seus proxectos a través do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
As persoas interesadas en recibir máis información ao respecto e consultar as bases poden facelo a través da páxina: http://www.fondogalego.org/web/ano_2017_convocatoria.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal