Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
OS ESPECTÁCULOS MUSICAIS DE XOÁN CURIEL E NAJLA SHAMI INAUGURAN ESTE DOMINGO O PROGRAMA "VERDE QUE TE QUERO VERDE" EN XUVIA
OS ESPECTÁCULOS MUSICAIS DE XOÁN CURIEL E NAJLA SHAMI INAUGURAN ESTE DOMINGO O PROGRAMA
As Concellerías de Cultura, Festas e Servizos organizan este programa, que se desenvolverá os domingos de xullo en distintas zonas verdes da cidade
Narón, 30 de xuño de 2017. O vindeiro domingo, día 2 de xullo, darán comezo os espectáculos programados no marco do programa “Verde que te quero verde”. As concellerías de Cultura, Festas e Servizos, á fronte das que están os edís Marián Ferreiro, Mar Gómez e Ibán Santalla, respectivamente, coorganizan esta novidosa proposta para os domingos do mes de xullo, con entrada de balde e dirixidas ao público infantil e familiar. O ocio e a cultura van da man en todos os espectáculos, que se iniciarán ás 12.30 horas e cos que a maiores de ofrecer unha actividade diferente para as mañás dos domingos, daranse a coñecer varias zonas verdes da cidade. A primeira das propostas terá lugar na praza Irmáns Freire, no barrio de Xuvia, e correrá a cargo de Xoán Curiel e Najla Shami.
A música galega infantil, nesta ocasión a cargo de Xoán Curiel, un dos máximos expoñentes deste xénero na actualidade, abrirá a programación de “Verde que te quero verde”. "Estamos no verán" é o título do seu terceiro disco, adicado precisamente ao público infantil. Cunha dilatada traxectoria profesional, Curiel fará bailar a nenos e maiores coa súa música, recoñecida dentro e fóra de Galicia.
Unha vez rematado o espectáculo de Xoán Curiel chegará o turno de Najla Shami, unha cantora e compositora galega nacida en Santiago de Compostela. As culturas palestina, galega e arxentina marcan a súa traxectoria na música tradicional galega, cunha voz influenciada por estilos como o jazz, o funk e world music.
Os espectáculos do programa “Verde que te quero verde” continuarán o 9 de xullo no parque da rúa 25 de Xullo, no Alto, con Magín Blanco e TinoProyecttio como protagonistas da xornada. O día 16 será o turno de Inacio Vilariño e Telón Abierto, que estarán na rúa Campoamor, na Gándara e, por último, convocáronse os espectáculos "As aventuras de mamá cabra", con Gloria Mosquera, e "Blah!" –continuación natural de "El viejo caracol"- na rúa Francisco Pizarro, en Santa Icía.
Este programa impulsado desde o goberno local naronés céntrase no ocio e na cultura pensados para público de diferentes idades, ao tempo que contribúe a difundir a cultura e a música galegas e tamén outros estilos e espectáculos, entre os asistentes.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal