Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O ALCALDE ASINOU DOUS CONVENIOS DE COLABORACIÓN COAS ASOCIACIÓNS GAIKAI E XERACIÓN
O ALCALDE ASINOU DOUS CONVENIOS DE COLABORACIÓN COAS ASOCIACIÓNS GAIKAI E XERACIÓN
Os responsables das entidades poderán facer uso da Casa da Mocidade para programar obradoiros dirixidos ás rapazas e rapaces
Narón, 4 de xullo de 2017. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou esta mañá no Concello dous convenios de colaboración cos presidentes das asociacións Xeración (xuvenil) e Gaikai (cultural), Fracisco Xosé Sequeiro e Beatriz López, respectivamente. Ao acto acudiron tamén as concelleiras de Mocidade, Natalia Hermida, e Acción Social, Catalina García. O rexedor local destacou o traballo que realizan ambas entidades en Narón, con diferentes colectivos, e animou aos seus representantes a continuar traballando na mesma liña, a partir de agora, tamén desde a Casa da Mocidade, donde dinamizarán as actividades a realizar durante as fins de semana e dirixidas aos rapaces e rapazas, tal e como se contempla no acordo rubricado hoxe.
As asociacións xuvenil Xeración e cultural Gaikai ofertarán aos mozos e mozas obradoiros no ámbito do lecer, podendo utilizar determinados espazos –a excepción da biblioteca, as aulas de informática e de música moderna- sempre supeditados ás necesidades do Concello para actividades municipais. O horario de uso será de luns a domingo, entre as 8.00 e as 00.00 horas pero a Casa da Mocidade non poderá ser sé de ningunha das citadas entidades, según figura no convenio.
O Concello achegará recursos humanos –asesoramento técnico administrativo do Servizo Sociocomunitario- en materia do acordo e programas a desenvolver, e as propias instalacións, debendo pola súa banda as asociacións presentar memoria das actividades desenvolvidas, entre outros acordos. A vixencia do mesmo será ata o 31 de decembro deste ano.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal