Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
UNHA VINTENA DE PROFESIONAIS DO SECTOR HOSTALEIRO LOCAL PARTICIPAN NUN OBRADOIRO DE SOBREMESAS ORGANIZADO POLO CONCELLO
UNHA VINTENA DE PROFESIONAIS DO SECTOR HOSTALEIRO LOCAL PARTICIPAN NUN OBRADOIRO DE SOBREMESAS ORGANIZADO POLO CONCELLO
O encargado de formar aos asistentes é Pedro Espasandín, do Obradoiro Gascón, nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz
Narón, 4 de xullo de 2017. O concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, inaugurará esta tarde, a partir das 17.00 horas o obradoiro de sobremesas organizado polo Concello, no marco do Club Narón Gastronómico. Un total de dezaoito profesionais do sector hostaleiro local participarán hoxe, mañá e o xoves nesta proposta, que se desenvolverá en tres sesións formativas –un total de nove horas- que se impartirán de 17.00 a 19.00 horas no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz. Pedro Espasandín, da Escola Obradoiro Gascón, será o encargado de impartir as sesións, tal e como recordou Villamar. Espasandín compaxina a actividade profesional coa docencia no seu propio centro de formación, ademais de ter publicado o libro “Repostería sin azúcar” e participado en numerosos talleres dentro e fóra de Galicia.
Ofrecer a mellor imaxe posible do sector, dotando aos profesionais dos coñecementos teóricos e prácticos necesarios para que poidan ampliar a súa oferta de sobremesas, é o principal obxectivo do Obradoiro de Elaboración de Sobremesas que organiza a Concellaría de Promoción Económica de Narón desde hoxe ata o xoves 6 de xullo, dentro das accións previstas polo Club Narón Gastronómico.
Neste obradoiro abordaranse desde un punto de vista teórico as diferentes técnicas que se poden empregar para a preparación das sobremesas, ademais de ofrecer unha importante carga de práctica para a elaboración de distintas bases (biscoitos, pastas, etc.), o emprego de espesantes e xelificantes para os recheos, unhas nocións sobre xeadería básica, empratados, etc.
En liñas xerais, o curso pretende “mellorar a calidade gastronómica dos negocios de restauración, modernizar a cociña local, promover a especialización na elaboración de determinadas receitas por parte de cada un dos establecementos participantes, asesoralos de cara a futuras accións e buscar a tipoloxía de sobremesa que mellor se adapte a cada local, enriquecendo esta parte fundamental da carta”, tal e como apuntou Villamar. O edil naronés valorou a colaboración do sector hostaleiro local e a súa implicación nesta nova proposta ofertada desde o Concello de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal