Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ENTREGA DE DIPLOMAS AOS PARTICIPANTES NOS OBRADOIROS DE MANEXO DE MÓBIL INTELIXENTE E CORRESPONSABILIDADE
ENTREGA DE DIPLOMAS AOS PARTICIPANTES NOS OBRADOIROS DE MANEXO DE MÓBIL INTELIXENTE E CORRESPONSABILIDADE
O alcalde, José Manuel Blanco, e a edil de Igualdade, Teresa Sabio, entregaron os diplomas no Concello
Narón, 5 de xullo de 2017. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, entregaron na mañá de onte os diplomas ás persoas que participaron nos obradoiros de Manexo de móbil intelixente –con cinco edicións- e os de Corresponsabilidade para mulleres e para homes. Nestas convocatorias participaron un total de cen persoas, en colaboración coas asociacións de maiores das parroquias do concello. O alcalde e a edil naronesa felicitaron ás mulleres e aos homes que remataron con éxito estes obradoiros, e animáronos a continuar formándose e participando activamente neste tipo de iniciativas organizadas desde a administración local.
Os Obradoiros de manexo de móbil intelixente –de 15 horas cada un- desenvolvéronse entre decembro de 2016 e abril deste ano no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros e nos locais Sociais de Piñeiros, O Val e A Solaina. Os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer polo miúdo o funcionamento dos seus móbiles e de facer uso de múltiples aplicacións de fotografía e mensaxería, entre outras.
Os Obradoiros de Corresponsabilidade -30 horas- impartíronse entre marzo e xuño deste ano no Centro Comunitario das Vivendas da Mariña. Os contidos do organizado para as mulleres abordaban temas como a albanelería e fontanería básicas, pintura, seguridade no fogar… e os obradoiros para homes nocións básicas de tecidos e limpeza, cociña, mobiliario, coidado de menores e de persoas maiores, etc.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal