Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
MAGÍN BLANCO, CARLOS MOSQUERA E JOSÉ OCAMPO, PROTAGONISTAS DOS NOVOS ESPECTÁCULOS DO PROGRAMA "VERDE QUE TE QUERO VERDE"
MAGÍN BLANCO, CARLOS MOSQUERA E JOSÉ OCAMPO, PROTAGONISTAS DOS NOVOS ESPECTÁCULOS DO PROGRAMA
Esta proposta de ocio e cultural impulsada polo Concello terá lugar o 9 de xullo ás 12.30 horas no parque da rúa 25 de Xullo
Narón, 6 de xullo de 2017. O parque da rúa 25 de Xullo, no Alto do Castiñeiro, acollerá o vindeiro domingo, día 9, dous novos espectáculos do programa municipal “Verde que te quero verde”. Magín Blanco, Carlos Mosquera e José Ocampo son os protagonistas desta segunda xornada dunha proposta, de balde, pensada para os nenos e nenas e tamén para os maiores.
“Letras e notas” é o título do espectáculo de Magín Blanco, que interpretará varios temas que el mesmo compuxo, acompañados dunha narración, dirixidos ao público infantil pero que tamén farán gozar aos maiores. Trátase dun contacontos musicado que ten entre os seus obxectivos estimular a creatividade e curiosidade dos menores polas letras, as palabras, a lingua en xeral e tamén pola música.
Carlos Mosquera e José Ocampo encargaranse do segundo espectáculo do vindeiro domingo, Tinoprojecttio. Nesta ocasión, a proposta consistirá nun variado repertorio con versións en castelán, galego e inglés de recoñecidos temas dos Beatles, David Bowie, Bob Dilan, Miguel Ríos e Elvis Presley, entre outros.
O programa “Verde que te quero verde” comezou o pasado 2 de xullo na Praza Irmáns Freire, cos espectáculos de Xoán Curiel e Najla Shami, e continuará desenvolvéndose os domingos de este mes. O 16 de xullo actuarán Inacio Vilariño e Telón Abierto (Universidad Ciego de Ávila, Cuba) e o día 23 “As aventuras de mamá cabra”, con Gloria Mosquera, e Blah!.
As concellerías de Cultura, Festas e Servizos, dirixidas polos edís Marián Ferreiro, Mar Gómez e Ibán Santalla, respectivamente, coorganizan esta convocatoria, coa que se aposta por ofrecer unha alternativa de ocio e cultural, dirixida a todos os públicos, para o tempo de lecer nas zonas verdes da cidade.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal