Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE DIPLOMAS AO ALUMNADO QUE REMATOU ACCIÓNS FORMATIVAS DO "II PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE"
O alcalde, José Manuel Blanco, e a edil de Igualdade, Teresa Sabio, entregaron os diplomas ás persoas que realizaron cursos de "Igualdade por medio da educación", "Confección" e "Organización e xestión familiar"
Narón, 11 de xullo de 2017. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, entregaron os diplomas correspondentes a catro accións formativas convocadas a través do “II Plan Municipal de Igualdade”. Un total de sesenta e unha persoas matriculáronse nos cursos, sobre “Igualdade por medio da educación”, “Confección” e “Organización e xestión familiar”, este último con dúas edicións, unha na zona urbana e outra na rural. O rexedor local e a edil naronesa felicitaron ao alumnado que rematou con éxito estas convocatorias e animárono a continuar ampliando a súa formación a través das múltiples propostas que se dirixen aos diferentes colectivos desde a administración local, entre outras. Os cursos impartíronse entre o 1 de outubro de 2016 e o día 30 do pasado mes de xuño. No de “Igualdade por medio da educación”, que tivo lugar na Casa da Mocidade, na Gándara, abordaron temas como competencias básicas en comunicación lingüística, matemáticas, competencia dixital…; no de “Confección”, no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, aprenderon a utilizar a máquina de coser, técnicas de costura e bordado e patchwork, entre outras, e nos dous de “Organización e xestión familiar”, en San Mateo e na Casa da Mocidade, abordaron temas como a xestión económica, alimentación, organización do traballo e desenvolvemento de roles familiares.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal