Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
RECEPCIÓN OFICIAL NO CONCELLO AOS MENORES SAHARAUIS QUE PARTICIPAN NO PROGRAMA "VACACIONES EN PAZ"
Ao municipio naronés chegaron sete menores, sendo o que rexistrou este ano una maior participación na comarca, tal e como destacaron desde a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui
Narón, 13 de xullo de 2017. Un grupo de sete nenos e nenas procedentes dos campamentos de refuxiados de Tinduf, en Arxelia, chegaron o pasado venres á cidade, donde os recibiron as súas familias de acollida. Os menores participan nunha nova edición do programa “Vacaciones en Paz”, impulsado pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui en colaboración con varias administracións, entre elas o Concello de Narón. Esta mesma mañá o alcalde, José Manuel Blanco, presidiu unha recepción oficial aos nenos e nenas que tivo lugar no Concello e na que tamén participaron representantes dos grupos políticos da corporación local, entre eles a edil Catalina García, responsable da área de Acción Social, que engloba este programa; da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui e as familias de acollida. Blanco e García deron a benvida aos menores, entregáronlles uns agasallos e tamén os informaron da entrega dun vale por importe de 60 euros que xa está á súa disposición na Librería Galicia para que o poidan canxear por material. “Estamos preparando co Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis) de Narón, un día de recepción para que os nenos e nenas do Sáhara poidan visitar as instalacións deste equipo, ubicadas no polígono de Río do Pozo, xunto con outros menores procedentes de Chernóbil que tamén pasan o verán con familias de acollida de Narón”, anunciou García. En representación da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Maite Martínez destacou o feito de que este ano Narón é o concello da comarca que máis menores trae desde o Sáhara para participar neste programa, sete dos vinte e catro que chegaron a municipios da comarca, agradecendo a colaboración prestada desde o Consistorio. Os nenos e nenas de 8 a 12 anos son os destinatarios desta iniciativa que se desenvolve grazas á participación das familias de acollida, tal e como subliñaron desde o goberno local. Ao respecto, o alcalde naronés deu as grazas a todas as familias de acollida “porque sen a vosa colaboración”, incidiu, “por moita vontade que puxese o Concello non sería posible que estes nenos e nenas estivesen aquí”. Blanco valorou o traballo das familias e da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, ao “manter esa ilusión e realizar un gran traballo durante todo o ano para lograr que este programa continúe ano tras ano”. Así mesmo, asegurou que o Concello continuará colaborando con esta iniciativa na medida das posibilidades da administración local. O Consistorio naronés colabora un ano máis –faino desde 1997- co programa “Vacaciones en Paz”, impulsado pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, que cada verán trae á comunidade a varios menores procedentes de Tinduf, para afastalos das elevadas temperaturas que se alcanzan no deserto arxelino durante os meses de verán. Os rapaces e rapazas teñen así a oportunidade de acudir ás pertinentes revisións médicas durante a súa estancia nos municipios galegos e tamén sensibilizan á poboación sobre a situación que atravesan as persoas que sobreviven nos campamentos de refuxiados de Tinduf.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal