Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PROGRAMA MUNICIPAL "VERDE QUE TE QUERO VERDE" CONTINÚA O 16 DE XULLO COS ESPECTÁCULOS DE INACIO VILARIÑO E TELÓN ABIERTO
A convocatoria será nesta ocasión na zona verde da rúa Campoamor, na Gándara, a partir das 12.30 horas
Narón, 13 de xullo de 2017. A rúa Campoamor, na Gándara, convertirase o vindeiro domingo, día 16, no escenario no que se desenvolverán os espectáculos protagonizados por Inacio Vilariño e a agrupación Telón Abierto, da Universidad Ciego de Ávila (Cuba). Esta actividade enmárcase no programa municipal “Verde que te quero verde”, iniciado o pasado 2 de xullo na cidade e que promove espectáculos de ocio e culturais, de balde, que se convocan en diferentes espazos verdes de Narón durante catro domingos do mes de xullo. A cita será a partir das 12.30 horas. O escritor lalinense Inacio Vilariño traerá o vindeiro domingo o espectáculo Bou Catrineta, dirixido ao público familiar. Os maiores desfrutarán cos nenos e nenas dunha sesión de contacontos na que Vilariño botará man de numerosos instrumentos tradicionais para contar historias cun marcado carácter popular. Trátase de sesións moi participativas e que, concretamente nesta proposta, abordan unha historia de lavandeiras, insidiadas por un demo co pelo de cor azul, Cobillón. O romance histórico da Nao Catrineta e a Tía Lola estarán tamén moi presentes neste evento cargado de saberes tradicionais, refráns, cancións e contos populares. Estará tamén en Narón o vindeiro domingo o grupo Telón Abierto, creado no ano 1997 co fin de incentivar o movemento artístico na Universidade de Ciego de Ávila (Cuba) e investigar as tradicións autóctonas de comunidades asentadas na illa. Este conxunto artístico é unha agrupación folclórica integrada por estudantes, traballadores e mestres da citada universidade. Ademais de música en vivo, o seu amplo repertorio inclúe espectáculos do grupo de baile, entre outros, contribuíndo co seu traballo a difundir a música e a danza como produto educativo e para fomentar valores culturais a través de bailes e ritmos que marcaron o sincretismo cultural cubano, con profundas raíces hispánicas, africanas e das rexións caribeñas. A programación de “Verde que te quero verde” rematará o 23 de xullo na rúa Francisco Pizarro, en Santa Icía. Nesa ocasión os dous espectáculos previstos, tamén a partir das 12.30 horas e de balde para o público, son: As aventuras de mamá Cabra, con Gloria Mosquera, e Blah!. As concellerías de Cultura, Festas e Servizos, dirixidas por Marián Ferreiro, Mar Gómez e Ibán Santalla, respectivamente, coorganizan o programa “Verde que te quero verde”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal