Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACOLLEU O ACTO DE ENTREGA DE DIPLOMAS DE SEIS ACCIÓNS FORMATIVAS
O alumnado que recibiu os diplomas participou nalgún dos cursos convocados a través das áreas municipais de Formación, Mocidade e Novas Tecnoloxías
Narón, 14 de xullo de 2017. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a edil de Formación, Novas Tecnoloxías e Mocidade, Natalia Hermida, entregaron esta mañá no Concello os diplomas correspondentes a seis accións formativas das citadas áreas. Estas convocatorias impulsadas desde a administración local dirixíronse a un total de noventa persoas. O alcalde e a edil naronesa felicitaron ás persoas que recibiron hoxe os seus diplomas por rematar con éxito algunha destas seis accións formativas. Así mesmo, animaron aos veciños e veciñas a continuar ampliando a súa formación “facendo uso dos diferentes programas impulsados desde o Concello para o colectivo, co fin de ofrecer á cidadanía a posibilidade de realizar accións formativas relacionadas con distintas áreas”. No que respecta á área de Novas Tecnoloxías, concedéronse os diplomas ás persoas que remataron os cursos de “Marketing dixital: promoción comercial a través das redes Sociais”, “Trámites en liña e administración electrónica” e “A utilidade das TIC”. Cada un destes cursos dirixiuse a doce persoas e impartíronse na Aula Cemit de Xuvia, entre os meses de abril e xuño deste ano, tal e como recordou Hermida. Así mesmo, entregáronse na área de Formación os diplomas de dúas convocatorias dunha acción formativa sobre “Certificacións UNE Carretilleiro + PEMP” –para doce persoas en cada quenda, ambas desenvolvidas en maio e xuño- e de “Preparación Competencias Clave Nivel 2” –unha edición para quince alumnas e alumnos”, que se desenvolveu entre abril e maio, se ben a segunda está programada entre os meses de novembro e decembro, con convocatoria aberta na actualidade-. Por último, procedeuse a dar os diplomas dunha acción formativa da área de Mocidade, sobre “Xestión de vendas e atención ao público” –con quince prazas e impartido entre maio e xuño deste ano-. Natalia Hermida destacou a importancia de ofrecer desde o Concello formación en todos os ámbitos, “facendo especial incidencia naqueles sectores que poden ter maiores posiblidades de inserción laboral” e indicou tamén que se convocan ao longo do ano accións formativas dirixidas a persoas de diferentes idades e, na maior parte dos casos, “priorizando que participen nas mesmas as persoas desempregadas”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal