Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
OS ESPECTÁCULOS DE GLORIA MOSQUERA E BLAH! PECHARÁN A PROGRAMACIÓN DE "VERDE QUE TE QUERO VERDE"
OS ESPECTÁCULOS DE GLORIA MOSQUERA E BLAH! PECHARÁN A PROGRAMACIÓN DE
A última convocatoria deste ciclo de actividades de ocio e cultura en zonas verdes da cidade terá lugar o 23 de xullo na rúa Francisco Pizarro, en Santa Icía
Narón, 18 de xullo de 2017. A zona verde da rúa Francisco Pizarro, en Santa Icía, acollerá o vindeiro domingo, día 23, os dous últimos espectáculos do programa municipal “Verde que te quero verde”. Nesta ocasión Gloria Mosquera e Blah! serán os encargados de pechar un ciclo de ocio e cultura iniciado o pasado 2 de xullo en Xuvia. A cita, de balde, será a partir das 12.30 horas e diríxese ao público familiar.
“As aventuras de Mamá Cabra” é o título do espectáculo que Gloria Mosquera traerá o vindeiro domingo a Narón. A dilatada traxectoria profesional desta artista no mundo da música infantil constitúe un reclamo máis para non perderse este concerto, que se presenta en certo modo vencellado ao teatro. Trátase dun espectáculo moi participativo e, ao tempo, didáctico e lúdico, no que as cancións tradicionais galegas se combinarán con outros temas propios. Iago Rodríguez acompaña a Mosquera nesta nova aventura, e será o encargado do apartado musical, moi característico do grupo Mamá Cabra.
O segundo espectáculo da xornada será “Blah!”, unha banda integrada por varios excompoñentes do grupo El Viejo Caracol. Coidadas letras e música elaborada na que se misturan diferentes estilos para crear un propio, no que destaca a súa personalidade. A banda constituíuse a finais do ano 2015 e levou xa os seus espectáculos a diferentes localidades.
O programa municipal “Verde que te quero verde”, organizado polas concellerías de Cultura, Festas e Servizos, iniciouse o pasado 2 de xullo na praza Irmáns Freire, en Xuvia, cos espectáculos de Xoán Curiel e Najla Shami. O seguinte domingo, día 9, actuaron Magín Blanco e TinoProyecttio na rúa 25 de Xullo, no Alto, e o pasado día 16 fixeron o propio Inacio Vilariño e Telón Abierto na zona verde da rúa Clara Campoamor, na Gándara. Esta programación concíbese como unha iniciativa diferente para as fins de semana en espazos verdes da cidade. Tanto os nenos e nenas como as persoas maiores teñen a oportunidade de gozar, de balde, das propostas que se ofrecen a través deste ciclo, unha proposta para convertir algúns dos parques da zona urbana de Narón en espazos nos que compaxinar o tempo de lecer con actividades culturais.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal