Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO RECIBE UNHA SUPERFICIE DUNS SETE MIL METROS CADRADOS NO EXTERIOR DO CENTRO COMERCIAL DOLCE VITA ODEÓN
O CONCELLO RECIBE UNHA SUPERFICIE DUNS SETE MIL METROS CADRADOS NO EXTERIOR DO CENTRO COMERCIAL DOLCE VITA ODEÓN
O alcalde, José Manuel Blanco, e o conselleiro de Eurofund Capital Partners, Salvador Arenere, asinaron onte o convenio no que se recolle a cesión desta superficie
Narón, 19 de xullo de 2017. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o conselleiro de Eurofund Capital Partners, Salvador Arenere, asinaron esta mañá un convenio no que se contempla a cesión ao Concello por parte de Patron Capital e Eurofund Capital Partners dunha superficie duns 7.000 metros cadrados no exterior do Centro Comercial Dolce Vita Odeón. Os fondos de investimento europeos Eurofund Capital Partners e Patron Capital, propietarios das instalacións desde o ano 2015, iniciarán no mes de setembro as obras de reforma interior e exterior de Dolce Vita Odeón, que se prevén rematar nun prazo de seis meses. O investimento conxunto, sumado ás melloras xa efectuadas nas instalacións desde a súa adquisición, ronda os quince millóns de euros, asegurou Arenere.
O acordo rubricado esta mañá no Concello entre o rexedor local e o conselleiro de Eurofund Capital Partners contempla a cesión en propiedade duns 7.000 metros cadrados de superficie localizados arredor das citadas instalacións comerciais (paralelos á rúa Cataluña). Arenere asegurou que este acordo co Concello de Narón é “un exemplo do espírito de máxima colaboración de Eurofund Capital Partners coas administracións locais nas que se localizan os seus centros”.
O proxecto previsto polos propietarios das instalacións contempla unha transformación substancial tanto do deseño das fachadas exteriores como dos espazos comúns, as entradas principais, melloras de mobilidade, a iluminación diurna e nocturna e a decoración das prazas, entre outros elementos. Deste xeito, Dolce Vita Odeón convertirase “nun dos centros comerciais co deseño máis moderno e atractivo de España”, tal e como subliñou Arenere. As reformas previstas permitirán xerar uns 150 empregos –en diferentes gremios- a partir do mes de setembro, para acometer eses traballos. “Cos novos operadores e a remodelación o centro quedará modernizado e axeitado para dar resposta ás necesidades de Narón e a súa zona de influencia”, asegurou.
“Traballamos nunha liña non só de adquirir os centros, senón tamén de modernizalos, crear emprego, incorporar novos operadores, dinamizalos, non que sexan operacións financieiras, senón dunha aposta por xerar valor e confianza nunha zona determinada como é Narón hoxe”, indicou Arenere, que ofreceu a máxima colaboración ao alcalde e ao Concello “en beneficio dos veciños e veciñas”.
Pola súa banda, o rexedor local, José Manuel Blanco, destacou a importancia da sinatura deste convenio, “porque non todos os días recibimos un investimento tan importante para instalacións en Narón, e máis nun punto de referencia obrigado como é Odeón”. “Unha zona de arredor de oito mil metros na rúa Cataluña xa era de usos públicos e agora amplíase con case sete mil metros máis que pasan a propiedade pública -eran privados, da empresa- e iso permitirá poder actuar mellor a través do novo Plan de Urbanismo desde o Concello e desde a empresa”, explicou Blanco. Así mesmo, o alcalde agradeceu este importante investimento, “que para nós significa na actual situación económica que esta empresa cre firmemente no proxecto e vai apostar por el, convertindo a Odeón nunha referencia a nivel estatal”.
O investimento na profunda transformación estética de Dolce Vita Odeón, asinada polo prestixioso estudo británico de arquitectura e deseño de interiores BroadwayMalyan, “é un paso máis na revitalización impresa a este centro por parte de Eurofund Capital Partners e Patron Capital”, indicaron. Desde 2015, un total de oito operadores de referencia mundial abriron en Dolce Vita Odeón, entre eles Lefties, do grupo Inditex, ou H&M, nos últimos anos. Así mesmo, outras firmas como Bershska, Oysho, Springfield e Pull&Bear ampliaron e renovaron a imaxe das súas tendas. A apertura dos novos locais xerou emprego para setenta persoas, ao que se sumarán os 150 novos postos de traballo asociados ás obras que se prevén acometer nos vindeiros meses. O Centro Comercial Dolce Vita Odeón ten unha superficie bruta alugable de 25.000 metros cadrados e 1.250 prazas de estacionamento.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal