Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
UN CENTENAR DE NENAS E NENOS DE NARÓN PARTICIPAN NO PROGRAMA "CONCILIAESCOLA VERÁN"
UN CENTENAR DE NENAS E NENOS DE NARÓN PARTICIPAN NO PROGRAMA
A concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, visitou aos menores que participan na cuarta das cinco quendas programadas a través desta iniciativa municipal
Narón, 20 de xullo de 2017. Un total de cen nenos e nenas de Narón participan este ano no programa municipal ConciliaEscola Verán. A concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, desprazouse ao CRA de Domirón, donde se desenvolve esta iniciativa, para visitar aos menores que participan na quenda desta semana. A edil naronesa destacou a boa acollida que en cada convocatoria ten esta iniciativa, “coa que pretendemos que os pais e nais poidan compaxinar a súa vida profesional coa atención aos seus fillos e fillas, ofrecéndolles a posibilidade de que durante unha semana asistan ás actividades do ConciliaEscola Verán”.
Os nenos e nenas, de entre 4 e 12 anos, realizan entre o luns e o venres –excepto os festivos- actividades educativas relacionadas coa igualdade de xénero, as emocións e o inglés, pero tamén participan en obradoiros de cociña, actividades artísticas e deportivas, manualidades e, se o tempo o permite, realizan algunhas saídas pola zona. Coa chegada do bo tempo tamén desfrutan na piscina instalada no patio cuberto do CRA de Domirón, un espazo no que teñen lugar algunhas das actividades deste programa. O horario no que se suceden as actividades principais é de 9.00 a 14.00, se ben hai servizo de madrugadores, entre as 7.30 e as 9.00 horas. A media mañá os rapaces e rapazas toman unha merenda, incluída no programa, implicándose de forma activa na súa elaboración.
ConciliaEscola Verán divídese nun total de cinco quendas semanais, con vinte prazas cada unha delas. A primeira tivo lugar entre o 26 e o 30 de xuño, e a última será a próxima semana, do 24 ao 31 de xullo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal