Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO AMPLÍA O HORARIO DE ATENCIÓN DA ÁREA PARA INFORMACIÓN SOBRE AS ALEGACIÓNS MEDIOAMBIENTAIS AO BORRADOR DO PXOM
O CONCELLO AMPLÍA O HORARIO DE ATENCIÓN DA ÁREA PARA INFORMACIÓN SOBRE AS ALEGACIÓNS MEDIOAMBIENTAIS AO BORRADOR DO PXOM
O servizo, de carácter informativo para realizar os trámites ante a Xunta de Galicia, permanecía operativo os xoves de 10.00 a 13.00 horas na terceira planta do Concello e a partir do mes de setembro, ata o día 18, atenderá tamén ao público os luns no mesmo horario
Narón, 24 de agosto de 2017. O goberno local de Narón habilitou o pasado mes de xullo un servizo de información presencial exclusivo sobre alegacións medioambientais ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que permaneceu operativo os xoves de 10.00 a 13.00 horas na terceira planta do Concello. A partir do vindeiro mes de setembro, e ata o día 18, o servizo estará tamén operativo os luns -ademais dos xoves-, no mesmo lugar e horario, tal e como se indicou desde o goberno local. Un responsable do equipo redactor do PXOM atende a todas aquelas persoas que desexen realizar algunha consulta relacionada coas alegacións medioambientais ao borrador do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
A Xunta de Galicia someteu a exposición pública o borrador do PXOM do Concello de Narón, abrindo o pertinente prazo para presentar alegacións medioambientais (avaliación ambiental estratéxica) ata o vindeiro 18 de setembro. As alegacións deben tramitarse na Xunta de Galicia, organismo competente na materia, se ben o borrador do PXOM pode consultarse a través da páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, (a través do enlace: http://cmaot.xunta.gal/programas-con-periodo-de-consulta-aberto).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal