Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
AMPLIACIÓN DO PRAZO PARA INSCRIBIRSE NUNHA ACCIÓN FORMATIVA DE "PEIXEIRO/A"
AMPLIACIÓN DO PRAZO PARA INSCRIBIRSE NUNHA ACCIÓN FORMATIVA DE
O curso convócase a través do Programa Municipal de Mocidade 2017 e dispón de oito vacantes, tal e como apuntou a edil responsable da área, Natalia Hermida
Narón, 21 de xullo de 2017. A concelleira de Mocidade, Natalia Hermida, anunciou a ampliación do prazo para inscribirse nunha acción formativa de “Peixeiro/a” convocada a través do Programa municipal de Mocidade 2017. A edil naronesa recordou que os destinatarios son persoas desempregadas, empadroadas en Narón e de entre 18 e 35 anos, ambas idades incluídas. A ampliación do prazo convócase para cubrir oito vacantes, do total das quince prazas ofertadas, tal e como explicou a edil naronesa. O formulario a cumplimentar –instancia xenérica- está dispoñible na páxina web do Concello -http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/servizos_municipais- e no Rexistro Xeral do Consistorio, e poderá entregarse ata o vindeiro 28 de xullo no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 8.30 a 13.00 horas.
A acción formativa de “Peixeiro/a” enmárcase no ámbito de iniciación profesional. As sesións teóricas impartiranse nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, e o programa tamén contempla prácticas en obradoiros de peixería e empresas. Esta acción formativa ten unha duración total de 400 horas e impartirase entre o 2 de agosto e o 30 de novembro deste ano, en horario de 9.00 a 14.00 de luns a venres.
Os contidos do curso abordarán diferentes temas, entre eles: Prevención de riscos laborais; Hixiene alimentaria; Lexislación aplicable; Atención ao público e adaptación ao posto de traballo e Cortes básicos e identificación de especies comerciais.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal