Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
APROBADA POR UNANIMIDADE DA CORPORACIÓN UNHA MOCIÓN EN HOMENAXE ÁS VÍTIMAS DO TERRORISMO NO ANIVERSARIO DO ASASINATO DE MIGUEL ÁNGEL BLANCO
APROBADA POR UNANIMIDADE DA CORPORACIÓN UNHA MOCIÓN EN HOMENAXE ÁS VÍTIMAS DO TERRORISMO NO ANIVERSARIO DO ASASINATO DE MIGUEL ÁNGEL BLANCO
Na sesión plenaria aprobáronse as subvencións a dezaoito entidades deportivas inscritas no Rexistro Municipal de Entidades Deportivas de Narón, coa única abstención do concelleiro de ENE
Narón, 27 de xullo de 2017. O tripartito naronés –TEGA, PSOE e BNG- e EU presentaron unha moción conxunta no pleno do mes de xullo para homenaxear a todas as vítimas do terrorismo no aniversario do asasinato de Miguel Ángel Blanco. O documento contou tamén co respaldo dos cinco edís do PP e do de ENE, quedando aprobado por unanimidade. En base a esta moción, a través da que se condena enerxicamente a violencia terrorista “veña de onde veña” e se subliña a aposta por “construír un futuro sen violencia”, tamén se gardou un minuto de silencio ao remate da sesión plenaria en lembranza e homenaxe a todas as vítimas do terrorismo.
O PP presentou tamén unha moción por vía de urxencia, para solicitar unha homenaxe municipal a Miguel Ángel Blanco e ao resto de vítimas do terrorismo que só contou co respaldo dos edís populares e do representante de ENE. Sobre o documento, o portavoz de Terra Galega, Guillermo Sánchez Fojo, recalcou que TEGA “acórdase todos os días das vítimas do GAL, da estación de Atocha, de moita xente que morreu a causa doutros ataques terroristas, sen esquecer en ningún momento que Miguel Ángel Blanco tamén morreu a causa dun acto horrible”. Na mesma liña se pronunciou o alcalde, José Manuel Blanco, que incidiu en que “nos últimos vinte anos, tralo asasinato de Miguel Ángel Blanco, pasaron moitas cousas máis e nós non esquecemos ese feito, polo que a homenaxe ten que ser a todas as vítimas”. Finalmente Blanco lamentou que non saíra do pleno unha declaración institucional de todos os partidos da corporación.
Na sesión plenaria aprobouse un expediente de recoñecemento extraxudicial de facturas relativas a gastos realizados no ano 2016 –correspondentes ao subministro eléctrico- e non aplicados ao orzamento por importe de 117.370 euros.
No punto cuarto da orde do día acordouse modificar un acordo relativo ás subvencións e entidades deportivas da cidade. Concederanse subvencións por un importe total de 34.527 euros a dezaoito entidades inscritas no Rexistro Municipal de Endidades Deportivas do Concello de Narón, se ben denegáronse tres: Club Boxing Narón –por non achegar a documentación requerida-; Alex Racing –por non estar inscrito correctamente no Rexistro Municipal de Entidades Deportivas no momento de realizar a solicitude- e o Club Caza e Pesca Xuvia –por presentar fóra de prazo a solicitude-. O San Mateo Club de Fútbol percibirá tamén a subvención que lle corresponde ao presentar o documento que lle faltaba, sobre a certificación de débedas coa Axencia Tributaria. O edil de ENE abstívose e o resto de concelleiros da corporación local votaron a favor.
No apartado de mocións debatiuse unha presentada polo grupo municipal do PP para executar unha obra de conexión viaria entre a avenida da Solaina e a rúa O Grove (no Alto do Castiñeiro) á que se opuxeron os edís do tripartito e de ENE e na que se abstivo EU. O portavoz de Terra Galega, Guillermo Sánchez Fojo, recordou sobre este punto que xa se ofreceron as oportunas explicacións na Comisión de Obras. Así mesmo, avanzou que a proposta, inviable ao ocupar o vial unha superficie do Concello de Ferrol no PXOM de 2002, se analizará co novo PXOM. O alcalde asegurou que “a vontade política sobre este tema demostrarase coa revisión do plan e cos novos límites, pero non vale enganar aos veciños porque ese vial desemboca nun área urbana con solo de reparto e mentres non se desenvolva pola propiedade, non se poderá facer”.
O Grupo Mixto (ENE) presentou unha moción para instar a Ferrol a mellorar os procesos de potabilización da auga, que chegou ao pleno co ditame desfavorable e que só contou co respaldo do edil de EU (Grupo Mixto).
A través de EU o Grupo Mixto presentou unha moción solicitando a elaboración dun plan real para dar resposta aos problemas derivados do aumento da poboación de xabaril na comarca. O documento aprobouse co respaldo de todos os grupos da corporación excepto o PP, que se abstivo. A moción propón instar á Xunta de Galicia a elaborar un diagnóstico rigoroso das poboacións de xabaril en Narón e na comarca de Ferrolterra. Así mesmo, a administración autonómica solicitaráselle que elabore unha estratexia de accións para controlar a poboación de xabaril e habilitar unha partida económica para implementala e tamén informar aos veciños e veciñas de Narón sobre as medidas a levar a cabo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal