Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O ALCALDE E A CONCELLEIRA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ REUNÍRONSE COA NOVA DIRECTIVA DA SOCIEDADE CULTURAL E RECREATIVA "A POMBIÑA"
O ALCALDE E A CONCELLEIRA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ REUNÍRONSE COA NOVA DIRECTIVA DA SOCIEDADE CULTURAL E RECREATIVA
Un total de seis vecinos e veciñas de Pedroso integran o novo equipo, que abordou co rexedor local e a edil naronesa varios asuntos relacionados coa súa parroquia
Narón, 27 de xullo de 2017. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibiu no seu despacho á nova directiva da Sociedade Cultural e Recreativa “A Pombiña”, de Pedroso. Na xuntanza estivo tamén presente a concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, que xunto con Blanco conversou co actual presidente da entidade: Juan Manuel Vidal; a vicepresidenta, Flor Felgar; o tesoureiro e un dos vocais: José Manuel Lombao e Juan Francisco Pita, respectivamente. Forman tamén parte do novo equipo Lorena Luaces, como secretaria, e Brais Vidal, vocal, que non puideron asistir á reunión de onte.
Os representantes da S.C.R. “A Pombiña” falaron co alcalde e a concelleira de Participación Cidadá sobre diferentes temas relacionados coa parroquia de Pedroso e anunciáronlles algunhas das actividades máis inmediatas que celebrarán próximamente e outras que xa se están programando de cara ao vindeiro ano.
Pola súa banda, os representantes do goberno local naronés felicitaron á nova directiva por poñerse á fronte da S.C.R “A Pombiña”, se ben valoraron tamén o traballo realizado polos anteriores dirixentes da mesma. Tanto Blanco como García destacaron as múltiples actividades que se impulsan desde esta entidade de Pedroso e ofreceron a colaboración da administración local naquelas cuestións nas que o precisen.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal