Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MINUTO DE SILENCIO ANTE O CONCELLO PARA CONDENAR O ASASINATO DUNHA MULLER NA CORUÑA
Representantes da corporación local e persoal funcionario e interino do Concello gardaron un minuto de silencio en respulsa do crime e condenaron os actos de violencia
Narón, 23 de agosto de 2017. A primeira tenente de alcalde de Narón, Marián Ferreiro, presidiu esta mañá –ás 12.00 horas- o acto co que se condenou o asesinato de M.A.A.G, de 73 anos e veciña do barrio de Monte Alto, na Coruña, o pasado domingo, día 20. Integrantes da corporación local e persoal funcionario e interino do Concello de Narón gardaron un minuto de silencio en repulsa do crime e en recordo da vítima. Os asistentes ao acto convocado no Concello naronés tamén fixeron un minuto de ruido para amosar a súa firme condena de todo acto de violencia. Así mesmo, no acto desplegouse unha pancarta na que se podía ler o lema “Narón contra a violencia de xénero”. A propia filla da septuaxenaria foi a persoa que alertou dos feitos na madrugada do domingo ao luns, tras atopar a súa nai morta na súa casa. O xenro da vítima, J.M.M.C. de 43 anos, foi detido pola Garda Civil nun hostal do municipio de Culleredo poucas horas despois do crime –na madrugada do domingo ao luns- como presunto autor do asasinato. O suposto autor dos feitos acudiu á vivenda da súa exsogra, na que el mesmo convivira coa súa exmuller –filla da vítima- e outro irmán, e levou á súa filla de 21 meses, coa que presuntamente pretendía fuxir. O home pasou esta mañá a disposición xudicial na Coruña.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal