Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REUNIU A MÁIS DE 1.000 PERSOAS NO ENCONTRO ANUAL DE MAIORES
Se celebrou este sábado na área recreativa de Pedroso.
Narón, 30 de Xuño de 2008.- O Concello de Narón celebrou o pasado sábado 28 de Xuño a 16ª edición do Encontro de Persoas Maiores, que tivo lugar durante todo o día na área recreativa de Pedroso. A Concellería de Maiores e Igualdade, dirixida por Mª del Carmen Espada, ten xa cubertas as 1.100 prazas ofertadas dende o Concello para os maiores de 65 anos de idade. Este evento estivo dirixido a todos aqueles que participan de xeito activo ó longo do ano nas 22 actividades organizadas polo goberno municipal. O programa do Encontro de Maiores -presentado en rolda de prensa pola Concelleira da área, e o Alcalde de Narón, Xoán Gato- iniciouse ás 8:45 horas coa saída de 14 autobuses e un microbús de distintos puntos do municipio, para trasladar ós maiores ata a área recreativa de Pedroso. Ás 9:30 comenzaron as distintas actividades programadas para a xornada da mañá, coma as tres aulas de demostración e participación (adicadas a Ioga, Ximnasia Rehabilitadora, e Psicomotricidade), e as “rutas de saúde”, que discurrirán polo río Xubia e os muíños, baixo a asistencia dun guía. Ademáis, estiveron abertos cinco espazos onde varios artesáns realizarán traballos de cesteiría, palilleiras, construcción de hórreos, taia de bastóns, e remaches e arreglos de ferro. Xoán Gato resaltou o valor deste encontro, que se ten consolidado no tempo, pero tamén sinalou a importancia de ofrecer actividades e servizos á terceira idade durante todo o ano. O rexedor puso coma exemplo o proxecto de construcción dun Centro Integral de Persoas Maiores, actualmente en fase de contratación, que se ubicará en Vosa e será único en toda Galicia nas súas características –xa que inclúe, por exemplo, unha zona spa para os maiores-. Ó fío desta presentación, Xoán Gato lembrou tamén que Narón ten feitos os seus deberes coas persoas maiores, xa que fai catro meses puxo a disposición da Xunta varios terreos para construir unha residencia para persoas dependentes “e aínda non nos contestaron”, asegurou. Nembargantes, e voltando á presentación do Encontro de Maiores, o Alcalde destacou que o Concello move actualmente a 4.000 maiores nas actividades promovidas por esta Concellería, o que supón case un 50% da poboación total de Narón maior de 65 anos. O programa deste Encontro incluíu ademáis a actuación da Coral de Maiores de Narón, e a entrega de trofesos ós gañadores do Campeonato de Tute, todo elo antes do xantar –previsto para as 14 horas-. Logo da comida, actuou o grupo de Cancións de Animación , o grupo de Bailes Latinos, o “Dúo Caramelo”, e o grupo de maiores “Musical 70”. Además da sesión de baile, durante a tarde estiveron abertas as “rutas de saúde” e se organizaron diversos xogos tradicionais coma a petanca, a chave ou a bilarda. Esta xornada festiva serviu para clausurar as actividades levadas a cabo durante este curso dentro do Programa de Atención ás Persoas Maiores de Narón. Este programa municipal está formado por 22 tipos de actividades nas que participaron un total de 52 grupos, nos que participaron arredor de 624 persoas repartidas entre as distintas parroquias de Narón e o Centro Municipal de Atención ós Maiores. Algunhas das actividades promovidas polo Concello son as seguintes: Ximnasia Rehabilitadora, Obradoiro de Memoria, obradoiro de apoio á informática, curso de comunicación, curso de bailes latinos, e grupo de publicacións. Ademais, Narón conta cunha Coral de Maiores e un Grupo de Teatro de Maiores.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal