Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O ALCALDE RECIBIU NO SEU DESPACHO Á NOVA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN DA TERCEIRA IDADE DE SANTA ICÍA
O ALCALDE RECIBIU NO SEU DESPACHO Á NOVA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN DA TERCEIRA IDADE DE SANTA ICÍA
Na xuntanza estiveron tamén presentes a primeira tenente de alcalde de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Promoción Social, Teresa Sabio
Narón, 1 de setembro de 2017. O rexedor local, José Manuel Blanco, a primeira tenente de alcalde, Marián Ferreiro, e a concelleira de Promoción Social, Teresa Sabio, reuníronse esta mañá no despacho do alcalde cos integrantes da nova directiva da Asociación da Terceira Idade de Santa Icía, presidida por Alberto Soto. Na xuntanza estiveron tamén presentes a vicepresidenta, Jesica Muñoz, a tesoureira, Ainhoa Marticorena; o secretario, Francisco Luis Larrea e un dos vocais, Julián Martínez.
Os representantes da corporación local conversaron cos integrantes da entidade, aos que Blanco ofreceu a colaboración do Concello para desenvolver a súa actividade no municipio. Tanto o rexedor local como Ferreiro e Sabio, animaron aos representantes da asociación a continuar traballando para contribuír á dinamización da actividade que se desenvolve ao longo do ano na parroquia de Santa Icía.
Ao termo da reunión o presidente da Asociación da Terceira Idade de Pedroso agradeceu o apoio dos representantes do goberno local e anuncioulles algunhas das propostas que plantexa o colectivo de cara aos vindeiros meses na citada parroquia naronesa.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal