Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE CATRO CURSOS DO "II PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE"
As accións formativas diríxense a mulleres desempregadas de Narón e impartiranse, en función da modalidade, na zona urbana e rural da localidade
Narón, 1 de setembro de 2017. O Concello de Narón abriu o prazo de solicitude de catro actividades educativas para mulleres, enmarcadas dentro do II Plan Municipal de Igualdade e que se impartirán entre os meses de outubro deste ano e xuño de 2018 nas zonas urbana e rural do municipio. A concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, recordou ás persoas interesadas que dispoñen de prazo ata o vindeiro 15 de setembro para presentar as súas solicitudes no Rexistro municipal, en horario de 8.30 a 13.00. O formulario a cumplimentar pode solicitarse no propio Rexistro ou descargarse da páxina web do Concello de Narón, a través do enlace: http://www.naron.es/web/docs/Cursos_Igualdade_2017.pdf. Coa instancia de solicitude é preciso entregar fotocopias da tarxeta de demandante de emprego e NIF e un informe da vida laboral. As actividades educativas ofertadas son de balde, e tres diríxense especificamente a mulleres desempregadas do Concello de entre 18 e 65 anos: as de “Igualdade por medio da Educación”, que se impartirá na Casa da Mocidade e con 25 prazas; a de “Integración e xestión familiar”, que terá un grupo na Casa da Mocidade e outro no colexio de San Mateo, con 12 prazas cada un; e o de “Inicio ás técnicas de confección”, tamén con dous grupos e no Centro Municipal de Formación da Gándara, con dez prazas cada un. Esta última actividade, tal e como explicou Sabio, diríxese a persoas que non teñen coñecementos de Confección. Así mesmo, desde o Servizo Sociocomunitario Municipal promóvese un curso de “Coidando á coidadora”, que neste caso se dirixe a mulleres coidadoras non profesionais e que dispón de 15 prazas e se impartirá no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros. A concelleira de Igualdade animou ás mulleres da cidade que cumpren os requisitos establecidos a que se anoten nestes cursos, “nos que terán a oportunidade de adquirir unha serie de coñecementos que lles serán de moita utilidade na súa vida cotiá”. As persoas que desexen recibir máis información sobre estes cursos poden poñerse en contacto con persoal do Servizo Sociocomunitario Municipal, chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensións: 1113 e 1115).
Descarga de archivos
Modelo de solicitude
Tamaño:258,85 KB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal