Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PROGRAMA CULTURAL "VIVE O CAMIÑO" TRAERÁ A NARÓN O ESPECTÁCULO "DOUS NO CAMIÑO"
O PROGRAMA CULTURAL
Os cómicos Fran Rei e Isabel Risco protagonizan este evento, que terá lugar o 9 de setembro no paseo marítimo de Xuvia
Narón, 2 de setembro de 2017. O programa cultural “Vive o Camiño”, de promoción e dinamización do Camiño Inglés, traerá a Narón o vindeiro día 9 de setembro o espectáculo Dous no camiño, protagonizado polos cómicos Fran Rei e Isabel Risco. A cita terá lugar na zona do paseo marítimo de Xuvia a partir das 19.00 horas.
Fran Rei e Isabel Risco interpretan a dous peregrinos que percorren o Camiño Inglés, descubrindo as paraxes do tramo ao seu paso polas localidades a través das que discurre, entre elas Narón. O espectáculo Dous no Camiño está dirixido por Avelino González e parte dun texto de Roi Vidal e Xurxo Barcala. A maiores do mesmo, Rei e Risco levarán a cabo unha animación, neste caso de creación e dirección propia, tanto nos concellos como nas contornas dalgúns albergues, donde interactuarán cos veciños e veciñas da zona e coas persoas que peregrinan en cada posta en escena. Nesta animación, Atanasio e Teodoro, que son os dous discípulos de Santiago que levaron polo mar os seus restos ata Galicia, pérdense tras unha viaxe no tempo de moitos séculos. Sorpréndenlles na súa andaina as modernidades que ven, pero tamén descubren que o esencial do Camiño de Santiago –natureza, paisaxes, monumentos…- non mudou.
O Plan director do Camiño de Santiago, a folla de ruta que contén todas as iniciativas e intervencións previstas coa vista posta no Xacobeo 2021, dedica o ano 2017 ao Camiño Inglés e ao de Fisterra-Muxía.
Ademais das infraestruturas e o mantemento, trabállase na promoción de actividades de divulgación para os escolares e en programas culturais como “Vive o Camiño”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal