Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO ABRIRÁ O 6 DE SETEMBRO O PRAZO DE SOLICITUDE DE DOUS CURSOS DO PROGRAMA MUNICIPAL DE FORMACIÓN 2017
O CONCELLO ABRIRÁ O 6 DE SETEMBRO O PRAZO DE SOLICITUDE DE DOUS CURSOS DO PROGRAMA MUNICIPAL DE FORMACIÓN 2017
As accións formativas de "Ofimática" e "Márketing en liña. Deseña e promociona a túa web" diríxense a persoas empadroadas en Narón e maiores de 18 anos
Narón, 4 de setembro de 2017. A Concellería de Formación e Novas Tecnoloxías, dirixida pola edil Natalia Hermida, anunciou a apertura do prazo para solicitar dúas accións formativas –nun total de catro convocatorias- do Programa Municipal de Formación 2017. Os cursos diríxense a persoas empadroadas en Narón e maiores de 18 anos. A oferta correspóndese coas accións de “Ofimática” e “Márketing en liña. Deseña e promociona a túa web”, tal e como indicou a edil responsable das citadas áreas. O número máximo é de doce alumnos por cada unha das catro convocatorias, que se desenvolverán na Aula Cemit de Xuvia. O prazo de solicitude abrirá o vindeiro mércores, día 6 de setembro ás 8.30 horas e rematará o 13 deste mes ás 13.00 horas, debendo tramitarse no Rexistro Xeral do Concello e podendo solicitar dous como máximo (indicando a orde de preferencia). Os impresos poden solicitarse no Rexistro ou descargarse da páxina web do Concello: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/accions-formativas-programa-municipal-de-formacion.
O curso de “Ofimática” -para persoas desempregadas- impartirase en dúas quendas, ambas do 18 de setembro ao 30 de novembro pero unha en horario de mañá e outra de tarde, cun total de 200 horas cada unha. Entre os contidos desta acción formativa, o alumnado abordará: Sistema operativo e aplicacións informáticas de tratamento de textos, de follas de cálculo e de bases de datos relacionais, entre outros.
No que respecta ao curso de “Márketing en liña. Promociona a túa web” –dirixido a persoal en activo, de Pemes ou autónomos- explicou que terá lugar do 18 de setembro ao 6 de novembro unha edición e do 19 de setembro ao 28 de novembro a segunda (polas tardes, unha dous días e outra tres á semana) e trátase de convocatorias de 40 horas de duración. Introducción ás TICs e utilización con fins comerciais, marketing dixital e de contidos, páxinas web e publicidade en liña son algúns dos contidos deste curso. Neste caso, tal e como recordou a edil naronesa, recoméndase ao alumnado ter coñecementos a nivel de usuario de Internet (utilización de correo electrónico e de redes Sociais como Facebook ou Google Plus).
A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías asegurou que se trata dunhas accións formativas “nas que o alumnado terá a oportunidade de adquirir unha serie de coñecementos moi útiles e que lles permitirán manexar con habilidade varios programas informáticos moi empregados na actualidade en determinados postos de traballo”. Hermida animou á veciñanza de Narón que cumpre os requisitos a solicitar estas accións formativas, destacando o importante esforzo que se realiza ano tras ano desde o Concello para manter e ampliar a formación a través deste programa municipal.
As persoas interesadas en recibir máis información poden contactar co Servizo Sociocomunitario, a través do número de teléfono: 981 337 700 (ext.:1123).


Descarga de archivos
Modelo de solicitudeTamaño: 187,70 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal