Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE ENSINO E BIBLIOTECAS ORGANIZA UNHA XORNADA DE ASTRONOMÍA EN ALDEA NOVA
As persoas interesadas en participar nesta actividade que terá lugar o 9 de setembro -hai 45 prazas- deben inscribirse antes do venres día 8 nas instalacións da Biblioteca municipal
Narón, 4 de setembro de 2017. As instalacións do parque de Aldea Nova e as súas inmediacións, na parroquia de Sedes, acollerán o vindeiro sábado, día 9, unha Xornada de Astronomía dirixida a nenos e nenas e tamén a adultos sen experiencia na materia. Así o anunciou Mercedes Taibo, concelleira de Ensino e Bibliotecas –áreas desde as que se organiza a cita-, que indicou que é preciso anotarse previamente e que o número de prazas está limitado a 45 persoas. A edil naronesa anima á veciñanza a participar nesta convocatoria, “pensada para persoas de diferentes idades, para gozar dunha xornada na que aprender cuestións básicas sobre astronomía e poñer en práctica algunhas delas nunhas instalacións municipais como as de Aldea Nova, moi propicias para desenvolver esta actividade”. Taibo explicou que o evento se desenvolverá, no caso de que as condicións meteorolóxicas o permitan, entre as 21.00 e as 00.00 horas. Os asistentes recibirán unha pequena introducción na que se abordarán cuestións básicas de astronomía e a continuación dividiranse en tres grupos para participar, de modo rotatorio, en tres actividades. Unha delas será unha proxección no planetario de Aldea Nova e outra a elaboración dun mapa de estrelas, para finalmente facer un avistamento de estrelas en directo no exterior do planetario. Desde a organización recoméndase aos participantes levar roupa de abrigo, unha lanterna e unha colchoneta ou esterilla para tumbarse no campo. Ademais das actividades previstas, servirase un café comunitario a todos os asistentes. As persoas interesadas en inscribirse deben facelo a partir do 5 de setembro, e ata o venres día 8, na Biblioteca municipal do Alto do Castiñeiro, de modo presencial ou telefonicamente, chamando aos números: 981 382 173 ou 981 386 800. A edil de Ensino e Bibliotecas apuntou que a convocatoria é de balde, se ben incidiu en que os menores de idade deben ir acompañados dun adulto.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal