Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA COLABORA CO ATURUXO DE MELPÓMENE NUN "CIRCUÍTO GALEGO DE TEATRO AMADOR"
A convocatoria desenvolverase nas instalacións do Auditorio municipal e as entradas aos espectáculos son de balde
Narón, 11 de setembro de 2017. O Padroado da Cultura de Narón colabora co Aturuxo de Melpómene e coa Federación Galega de Teatro Afeccionado nunha nova edición do “Circuíto Galego de Teatro Amador” que se convoca no Auditorio municipal. O vindeiro domingo, día 17, terá lugar a representación da obra “A túa tenrura, Molotov”, da compañía Axóuxere Teatro e dirixida ao público adulto. Este ciclo inclúe dous espectáculos máis, que serán todos a partir das 20.00 horas e con entrada de balde, debendo recollelas o propio día da representación no Auditorio Municipal, na praza de Galicia, tal e como explicou a vicepresidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro. Na obra “A túa tenrura, Molotov”, o público terá a oportunidade de ver unha comedia, protagonizada por Daniel e Victoria, un matrimonio que desexa ter un fillo, que debe ser varón. O humor e a crítica estarán presentes en todo momento, atacando duramente á clase media. O domingo día 24 deste mes subirase ao escenario o elenco da obra “Os carniceiros”, da compañía Teatrino, nunha representación tamén pensada para o público adulto e dirixida polo actor ourensán José Vaquero. A obra está ambientada nun campamento militar no que tres cirurxiáns deben encargarse das persoas que chegan feridas, para mantelas con vida. O último dos espectáculos programados neste ciclo é “Ás portas”, da compañía Paso de Valverde, e terá lugar o 1 de outubro. Neste caso trátase dunha peza dirixida a maiores de 12 anos e na que as protagonistas son Ana e María, dúas mulleres que teñen un irmán que está na guerra, loitando polo seu país. O papel que desempeñan as fronteiras é unha das constantes na temática desta obra, na que se analiza a súa función. A vicepresidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, anunciou tamén que as persoas que acudan a ver estes espectáculos terán a oportunidade de participar nun sorteo –en cada unha das funcións- no que se entregarán dúas entradas para un espectáculo que terá lugar no Pazo da Cultura. Así mesmo, Ferreiro animou aos veciños e veciñas de Narón a acudir a estas representacións, “que ofrecen a posibilidade de gozar de espectáculos de gran calidade, a cargo nesta ocasión de compañías de teatro galegas, que ofrecen aos diferentes tipos de público obras enmarcadas en xéneros moi variados e que amosan o excelente traballo que se está facendo desde hai anos en Galicia a nivel teatral”.
Descarga de archivos
Cartel
Tamaño:240,03 KB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal