Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O GOBERNO LOCAL DESTINARÁ 2,8 MILLÓNS DE EUROS DOS 3,4 DUN MODIFICADO DE CRÉDITO A INVESTIMENTOS EN DIFERENTES ÁREAS
O GOBERNO LOCAL DESTINARÁ 2,8 MILLÓNS DE EUROS DOS 3,4 DUN MODIFICADO DE CRÉDITO A INVESTIMENTOS EN DIFERENTES ÁREAS
O alcalde, José Manuel Blanco, e o concelleiro de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, anunciaron as actuacións previstas con cargo ao modificado, que se someterá a aprobación nun pleno extraordinario o 18 de setembro
Narón, 13 de setembro de 2017. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o concelleiro de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, presentaron hoxe un modificado de crédito por importe de 3.485.224 euros. Do total, 3.111.962 euros proceden dos remanentes e 373.282 euros do aforro en diferentes áreas municipais. O goberno local poderá destinar o modificado a gasto corrente e varios investimentos, tal e como explicou o alcade naronés. O modificado de crédito someterase a aprobación nun pleno extraordinario que se celebrará o vindeiro luns, día 18, no Concello, según avanzou Blanco.
Do total do modificado, 644.354 euros serán para gasto corrente, tal e como indicou Villamar. Con cargo a esta partida destinaranse 200.000 euros a proxectos; 20.000 a promocionar o sector hostaleiro local: case 40.000 a diversos convenios e 20.000 máis á área de Turismo, entre outras actuacións, apuntou Villamar.
No que respecta aos investimentos, o alcalde naronés destacou os 120.000 euros para a área de Cultura; outros 120.000 para a merca dun local no Alto; 100.000 para adquirir terreos, maioritariamente na zona de Xuvia para ampliar o paseo marítimo e case 162.000 destinados a un parque infantil na Gándara, no que haberá elementos de xogo novidosos para os nenos e nenas, algúns deles adaptados para persoas con mobilidade reducida.
Contémplanse ademais, explicaron, varias tarefas de humanización que se sufragarán con cargo ao modificado presentado hoxe. Entre elas, están obras de accesibilidade, como a segunda fase da Urbanización das Vivendas da Marina -412.567 euros- e outras melloras valoradas en 53.999 euros; o acondicionamento de viais –uns 500.000 euros- como a Avenida do Mar, e as rúas Conde de Fenosa, Rafael Bárez, San Andrés e Bispo Argaya, entre outras.
O saneamento está tamén presente entre os proxectos enmarcados neste modificado de crédito, cuns 450.000 euros para as zonas do Val e Vilacornelle e de Borreiros e a rúa Chantado. Respecto a este apartado, o alcalde e presidente de Cosma, José Manuel Blanco, subliñou que “coa execución das obras de saneamento previstas neste modificado, as que se están executando na zona de Sedes e as que se acometerán con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña queda practicamente executado na súa totalidade o Plan de Saneamento 2017-2022 de Cosma, o que supón un avance moi importante nuns traballos que eran moi necesarios no noso concello”.
A todas estas partidas hai que engadir uns 200.000 euros para continuar realizando obras que permitan un maior aforro enerxético ás arcas locais, e outras de climatización, melloras en instalacións deportivas municipais e na área de Ensino, recalcou Villamar.
“Cos 2.840.870 euros de investimento que se contemplan neste modificado e os 1.685.772 euros que xa se recollían no orzamento municipal, a cifra de investimentos a día de hoxe con fondos municipais supera os 4,5 millóns de euros, o que é unha moi importante cantidade coa que seguir avanzando e executando obras e ampliando servizos destinados aos veciños e veciñas de Narón”, subliñou Villamar.
Finalmente, o alcalde destacou que o Concello “se atopa nestes momentos nunha situación económica moi saneada, o que nos permite continuar traballando día a día e manter un ritmo inversor que medra considerablemente, tal e como xa anunciamos desde o goberno local no momento da presentación dos orzamentos municipais deste ano”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal