Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CELEBRACIÓN DO "TRISHARK NARÓN" OBRIGARÁ A PECHAR AO TRÁFICO UN TRAMO DA ESTRADA DE CASTELA
O día 16 de setembro non se poderá circular entre as 13.00 e as 16.00 horas no tramo da estrada de Castela entre a rotonda de Megasa e o vial de San Xiao, desviándose o tráfico polas rúas adxacentes, tal e como indicou o concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo
Narón, 14 de setembro de 2017.- A celebración do "Trishark Narón" implicará pechar ao tráfico rodado a estrada de Castela o propio sábado 16 de setembro entre as 13.00 e as 16.30 horas, no tramo comprendido entre a rotonda de Megasa e a estrada de San Xiao, en ambos sentidos, e o seu acceso desde as rúas adxacentes. O concelleiro de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo, solicitou de antemán desculpas á cidadanía polas molestias que poida ocasionar a medida, e tamén a máxima colaboración para o correcto desenvolvemento do “Trishark Narón”. Este evento deportivo, no que participarán 150 triatletas, desenvolverase na zona de Xuvia a partir das 13.15 horas. O peche do tramo indicado da estrada de Castela implicará desviar aos vehículos que transiten pola zona cara a Ferrol pola estrada de San Xiao e aos que vaian cara a Neda pola estrada FE-11, tal e como apuntou Sánchez Fojo. No que respecta a este último vial, a FE-11, estará totalmente pechado á circulación entre a rotonda da autoestrada e a de Megasa, en dirección á estrada de Castela, ao formar parte do circuíto da proba. Así mesmo, desde a Concellería de Seguridade Cidadá e Transporte Público indicouse que desde as rúas Río do Porto, Río Inxerto, Río Pedreiro e Camiño da Revolta poderase circular polo vial paralelo á vía e incorporarse á estrada de Castela pola rúa Río Baxoi. No caso das rúas Bailén, Manuel de Cal, Cáceres, Telleiras, FEVE, Garda Civil e Xoán Cangas non se poderán incorporar os vehículos á estrada de Castela ata que remate a proba ciclista, sendo o horario estimado do corte da circulación nesa zona entre as 13.00 e as 16.00 horas. Por último, desde os viais Curros Enríquez, Río Forcadas, Altea, Somozas, Irmandade e Doutor Fleming habilitouse unha saída para casos de urxencia a través das rúas Irmandade, Somozas e Foro, tal e como se subliñou desde a Concellería de Seguridade Cidadá e Transporte Público. Para obter máis información pódese consultar a páxina web da Policía Local de Narón: http://policia.naron.es/ ou o Facebook da Policía Local de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal