Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A FUNDACIÓN DE ESTUDIOS E ANÁLISIS ASINARON O CONTRATO DE XESTIÓN DAS TRES GARDERÍAS MUNICIPAIS
As escolas infantís da Gándara, A Solaina e Piñeiros serán xestionadas por Fesan durante os dous próximos anos, tal e como se recolle no documento
Narón, 15 de setembro de 2017. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e Manuel Rodríguez, en representación da Fundación de Estudios e Análisis (Fesan), asinaron a pasada semana no Concello o contrato de xestión das escolas infantís municipais da Solaina, A Gándara e Piñeiros. O importe do contrato é de 1,7 millóns de euros e ten carácter bianual. As tres garderías municipais, con 82 prazas de atención simultánea en cada unha delas, abren as súas portas de luns a venres, en horario ininterrompido de 7.30 a 20.00 horas, aínda que este podería modificarse no caso de que as necesidades do servizo o requiran e así o determine o Consistorio. O documento estará en vigor durante os dous próximos anos, según se recolle no mesmo, se ben tamén se contempla a posibilidade de prorrogalo ata un máximo de dous anos máis no caso de que ambas partes así o acorden unha vez rematada a vixencia inicial.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal