Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA MUNICIPAL E A AXENCIA DE LECTURA DA GÁNDARA PERMANECERÁN PECHADAS O 18 DE SETEMBRO
A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, explicou que o peche é debido á celebración dunha xornada formativa dirixida ao persoal dos centros, para integrar á Biblioteca na Rede de Centros Bibliotecarios de Galicia
Narón, 16 de setembro de 2017. As instalacións da Biblioteca municipal do Alto e da Axencia de lectura da Gándara permanecerán pechadas ao público o vindeiro luns, día 18, con motivo da celebración dunha xornada formativa dirixida ao seu persoal. Así o anunciou a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, que explicou que se procederá a realizar un cambio de sistema nestes centros para integrar a Biblioteca na Rede de Centros Bibliotecarios de Galicia, que comparten un carné único que ofrecerá numerosas vantaxes. “As usuarias e os usuarios da Biblioteca recibirán unha nova tarxeta para poder acceder ao servizo de préstamo de todos os centros que forman parte da Rede de Bibliotecas de Galicia, sen ter que darse de alta en cada un deles e, a maiores, entre outras vantaxes, poderase ter en préstamo un maior número de libros que ata agora e por un prazo máis amplo”, explicou Taibo. A edil naronesa indicou que con este novo sistema aplicaranse de modo xeral as sancións por retraso na devolución de documentos, de modo que unha persoa con libros pendientes de entrega podía facer ata o momento uso do servizo de préstamo en calquera outra biblioteca da que tivese carné, pero agora a sanción nunha delas bloqueará o carné nos outros centros da Rede. Por esta razón, a concelleira naronesa incidiu na importancia de que aquelas persoas que teñan material da biblioteca pendiente de devolución que o entreguen canto antes, porque senón constará o retraso no novo sistema e imposibilitará o préstamo en todos os centros. Así mesmo, desde a Concellería de Bibliotecas subliñouse a importancia de que os usuarios e usuarias teñan actualizados os datos do servizo, para deste xeito non perder esa condición. No caso de ter que modificalos, poden dirixirse ao mostrador da Biblioteca municipal no seu horario de apertura habitual; por correo postal –na dirección R/ 25 de Xullo, s/n. C.P.: 15.570, Narón (A Coruña)- ou chamando ao número de teléfono 981 382 173.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal