Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PRESENTADA A SEXTA EDICIÓN DA FESTA DE EXALTACIÓN DE PRODUCTOS DA RÍA, "ALTEADA 2008"
PRESENTADA A SEXTA EDICIÓN DA FESTA DE EXALTACIÓN DE PRODUCTOS DA RÍA,
Se celebra o domingo 20 de Xullo no paseo marítimo de Xuvia.
Narón, 26 de Xuño de 2008.- A Concellería de Festas e Ocio de Narón, dirixida por Mª del Mar Gómez Casal, presentou hoxe públicamente a sexta edición da festa de exaltación dos productos da ría, coñecida popularmente como Alteada, ó realizarse en colaboración coa Asociación de Veciños “Altea” de Xuvia.

Este colectivo veciñal vense encargando da realización desta festa gastronómica dende os seus inicios, no ano 2002. O presidente de Altea, Ramón Rodríguez Silverio, agradeceu hoxe ó Concello de Narón o seu apoio na realización deste evento “o que nos permite manter o prezo das entradas en 17 euros, ó mesmo que o ano pasado. Sen a axuda municipal, teríamos que incrementalo xa que se trata de productos que suben de prezo a miúdo”.

A AVV Altea agarda a presenza de máis de 400 persoas nesta festa, que se celebrará o día 20 de Xullo no paseo marítimo de Xuvia. A Concelleira de Festas e Ocio lembrou que “por primeira vez se fai coincidir este evento coa semana grande de Narón, que tamén celebra as súas Festas de Verán neste mesmo escenario. Dende a entidade veciñal, Rodríguez Silverio expresou a súa satisfacción porque o goberno municipal decidise cambiar o lugar de celebración dos festexos, trasladándoos por primeira vez ó paseo marítimo de Xuvia. “Para nos é un orgullo moi grande que se fagan na nosa parroquia”, dixo.

Voltando á Alteada, a compra de tickets para asistir á festa gastronómica poderá realizarse no local social da AVV Altea ata o vindeiro 13 de Xullo. O menú está composto por empanada, ameixas, xiba con patacas, pan, viño, postre e café. Tras o xantar, actuará o grupo La Clave.

O presidente da entidade veciñal destacou tamén o bo momento que está a vivir a zona de Xuvia, que agarda con impaciencia a construcción do emisario submarino da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR). “En tres o catro anos, teremos a ría de Xuvia completamente depurada, e isto unido á recuperación dos muiños de Xuvia e As Aceñas servirá para convertir esta zona nun espacio paradisíaco”, declarou.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal