Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PADROADO DA CULTURA REABRE A PROGRAMACIÓN DE FINAIS DE ANO NO PAZO COA REPRESENTACIÓN DE "LA AUTORA DE LAS MENINAS"
O PADROADO DA CULTURA REABRE A PROGRAMACIÓN DE FINAIS DE ANO NO PAZO COA REPRESENTACIÓN DE
A actriz Carmen Machi forma parte do elenco desta obra, escrita e dirixida por Ernesto Caballero e que se poderá ver o 24 de setembro
Narón, 18 de setembro de 2017. O Pazo da Cultura acollerá o domingo, día 24, a representación da obra “La autora de las Meninas”, das compañías Focus e Centro Dramático Nacional. Baixo a dirección de Ernesto Caballero actuará, entre outros integrantes do elenco, a actriz Carmen Machi. A posta en escena será a partir das 19.00 horas e as entradas están á venda na billeteira do Pazo a un prezo de 18 euros para o público xeral e de 12,60 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).
“La autora de las Meninas” é unha sátira distópica, na que se aborda o lugar que debe ocupar a arte na sociedade e tamén o controvertible concepto de benestar social. Unha monxa, interpretada por Carmen Machi, recibe o encargo de realizar unha réplica exacta da obra “Las Meninas”, de Velázquez, ante a posibilidade de que a crise obrigue ao Estado español a desprenderse do seu patrimonio artístico. A relixiosa convertirase inesperadamente nunha recoñecida figura das artes plásticas e nunha estrela mediática, que vivirá numerosas experiencias durante o transcurso da historia, que se prolongará preto dunha hora e media. Mireia Aixalá e Francisco Reyes acompañarán a Machi no escenario desta obra, da que ademais de director é autor Ernesto Caballero.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal