Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
APROBADO NO PLENO EXTRAORDINARIO UN MODIFICADO DE CRÉDITO POR IMPORTE DE 3,4 MILLÓNS DE EUROS
APROBADO NO PLENO EXTRAORDINARIO UN MODIFICADO DE CRÉDITO POR IMPORTE DE 3,4 MILLÓNS DE EUROS
A maior parte da partida, un total de 2,8 millóns de euros, destinaranse a realizar investimentos en diferentes áreas municipais
Narón, 18 de setembro de 2017. O grupo de goberno aprobou esta mañá nun pleno extraordinario un modificado de crédito por un importe de 3.485.244 euros. Os votos do tripartito naronés –TEGA, PSOE e BNG- sacaron adiante este documento, que permitirá realizar importantes investimentos no termo municipal. Os edís do PP e de EU abstivéronse no momento da votación e o portavoz de ENE votou en contra.
O concelleiro de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, explicou que a financiación provén de partidas en baixa –aforros deste ano por un importe de 373.282 euros- e maioritariamente do remanente do ano 2016, que alcanzou os 3.111.962 euros. O edil subliñou que se trata dun modificado “moi favorable para os naroneses e naronesas” e recalcou, en explicacións ao portavoz municipal do PP, que “non se trata dunha corrección do orzamento, porque a palabra modificar non é sinónimo de corrixir e isto é unha modificación”. Ante as críticas dos populares, Villamar instou ao representante do PP a explicar a súa opinión polo feito de que “unha administración realice 85 modificacións de crédito ao mes, que é o que fai o PP na Xunta de Galicia e despois ese mesmo partido se escandalice no Concello de Narón pola incorporación de remanentes e cando, como moito, se fan doce modificados ao ano”.
Na sesión plenaria, mencionáronse algunhas das intervencións previstas con cargo ao modificado de crédito. A gasto corrente, indicou, destinaranse 644.354 euros, que permitirán redactar novos proxectos, promocionar a hostalería, melloras informáticas, actuacións relacionadas coa área de Patrimonio, asinar convenios con diferentes entidades e impulsar o turismo local, entre outras.
Así mesmo, con cargo aos 2.840.870 euros reservados para investimentos, o concelleiro naronés destacou que esa cantidade permitirá elevar ata os 4,5 millóns de euros a cifra de investimentos previstos este ano con fondos municipais. As áreas de Ensino, Deportes, Obras, Servizos, Patrimonio e Cultura serán algunhas das que se beneficiarán deste modificado. En canto ás obras previstas Villamar mencionou, entre outras, a merca dun local no Alto, a adquisición de terreos en Xuvia, a instalación de alumeado led, actuacións de saneamento, a continuación melloras en materia de accesibilidade, reparacións viarias, e un novo parque infantil na Gándara.
A continuación votouse a modificación nº 2 das bases de execución do orzamento do exercicio 2017, na base nº 45 e modificación do anexo de transparencias nominativas. Neste apartado específico contémplanse os convenios coa Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Barallobre e a de Pescadores e Mariscadores de Ferrol; outro coa Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal, un terceiro coa Agrupación de Libreiros de Ferrolterra e tamén dous coa AVV do Couto para actividades culturais. Neste caso, votaron a favor todos os grupos da corporación local excepto ENE.
O alcalde, José Manuel Blanco, valorou a totalidade dos investimentos que se executarán con cargo a este modificado e subliñou que “hoxe é un día moi importante para Narón porque máis de tres millóns de euros vanse investir este ano en diferentes áreas do Concello”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal