Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO COLABORA CON AFAL NA ORGANIZACIÓN DUNHAS XORNADAS DIVULGATIVAS E UNS OBRADOIROS
O CONCELLO COLABORA CON AFAL NA ORGANIZACIÓN DUNHAS XORNADAS DIVULGATIVAS E UNS OBRADOIROS
Os actos programados terán lugar en setembro e outubro e nos mesmos, persoal da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFAL) e outros profesionais abordarán temas relacionados con esta enfermidade
Narón, 19 de setembro de 2017. As concelleiras de Acción Social e Promoción Social, Catalina García e Teresa Sabio, respectivamente, presentaron acompañadas por Ana María López e Noelia Ríos, presidenta e directora asistencial, respectivamente, da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFAL) unha serie de actividades que nas vindeiras semanas terán lugar no local social de Piñeiros.
A presidenta de AFAL explicou que entre os obxectivos das convocatorias previstas, unha charla e uns obradoiros, está “mellorar a calidade de vida das persoas con alzheimer, retardando o avance da enfermidade e procurando dar un respiro aos seus coidadores”. Os obradoiros poranse en marcha no mes de outubro pero previamente, avanzou, o día 25 de setembro ás 20.00 horas o local social de Piñeiros acollerá unhas xornadas divulgativas –a cargo de persoal da asociación- con motivo dos actos programados polo Día Mundial do Alzheimer. Na convocatoria abordarase o traballo da entidade e tamén os talleres programados para outubro.
Pola súa parte, a directora asistencial de AFAL indicou que a través do servizo de talleres de estimulación cognitiva se traballa en terapias dirixidas a persoas afectadas de alzheimer (nunha fase inicial) e tamén doutras demencias. “Persoal especializado impartirá unha serie de terapias de psicomotricidade e psicoestimulación, entre outras, para estimular a capacidade residual das persoas afectadas, para retrasar a evolución da súa enfermidade”, apuntou Noelia Ríos.
As persoas que desexen inscribirse nos obradoiros poden facelo chamando ao número de teléfono 981 370 692. As sesións terán lugar tamén no local social de Piñeiros, dous días á semana e durante dúas horas –aínda por determinar- cada xornada. Tanto desde AFAL como desde o Concello animouse á veciñanza a participar nesta iniciativa, coa que achegar terapias ás persoas afectadas por esta enfermidade.
A concelleira de Promoción Social, Teresa Sabio subliñou “o difícil que resulta para as familias aceptar este tipo de situacións”. Ao respecto, a edil naronesa valorou o traballo das persoas que coidan aos enfermos de alzheimer e tamén o de AFAL. “É moi importante que existan asociacións como AFAL, que se ocupan das persoas con esta enfermidade e tamén das terapias a proporcionarlles, a falta de medicamentos para frear o avance do alzheimer”, asegurou.
Finalmente, a edil de Acción Social apuntou que este colectivo “non deixa de ser de persoas dependentes” e agradeceu tamén a labor de AFAL cos enfermos e as súas familias. García aludiu ao convenio en vigor entre o Concello e a asociación para desenvolver ao longo do ano actividades destinadas especificamente a estas persoas e animou á veciñanza a asistir aos actos programados, todos eles de balde. “É importante facer un diagnóstico correcto para poder axudar tanto aos enfermos como aos coidadores”, subliñou, agradecendo tamén a colaboración da Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros, para poder convocar estes actos no local social da parroquia.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal