Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O AUDITORIO MUNICIPAL ACOLLERÁ A REPRESENTACIÓN DA OBRA TEATRAL "OS CARNICEIROS"
O AUDITORIO MUNICIPAL ACOLLERÁ A REPRESENTACIÓN DA OBRA TEATRAL
A compañía Teatrino porá en escena este espectáculo, enmarcado no Circuíto Galego de Teatro Amador e con entrada de balde
Narón, 21 de setembro de 2017. O Auditorio municipal acollerá o vindeiro domingo, día 24, a representación da obra “Os Carniceiros”, incluída no Circuíto Galego de Teatro Amador que impulsan O Aturuxo de Melpómene e a Federación Galega de Teatro Afeccionado, en colaboración co Padroado da Cultura de Narón. A posta en escena, a cargo da compañía Teatrino, dará comezo ás 20.00 horas e a entrada é de balde, debendo recollerse o ticket no Auditorio o propio domingo antes do inicio do espectáculo.
Un hospital de campaña é o escenario principal desta obra, na que tres cirurxáns tratan de salvar aos pacientes que chegan con feridas dunha cruenta e longa guerra. O problema é que non o conseguen e as numerosas mortes no quirófano son un misterio que se encargará de desvelar un dos soldados que protagonizan esta peza teatral.
A obra diríxese a público adulto. Os asistentes terán a oportunidade de participar no sorteo de dúas entradas para un espectáculo programado no Pazo da Cultura de Narón.
O Circuíto Galego de Teatro Amador finalizará o domingo 1 de outubro, coa representación da obra “Ás portas”, da compañía Paso de Valverde. Diríxese a maiores de 12 anos e tamén comezará ás 20.00 horas e será de balde a entrada.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal