Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA VINTENA DE HOSTALEIROS LOCAIS PARTICIPAN NUNHAS XORNADAS SOBRE A ANGUÍA ORGANIZADAS POLO CONCELLO
O concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, recordou que do 9 ao 15 de outubro tamén se colaborará co sector para ofrecer no menú dalgúns establecementos locais pratos con anguía entre os seus ingredientes
Narón, 25 de setembro de 2017. Un total de dezaoito representantes do sector hostaleiro de Narón participarán nunhas Xornadas sobre a anguía organizadas pola Concellería de Promoción Económica, no marco das actividades impulsadas a través do Club Narón Gastronómico. O edil responsable da área, Pablo Villamar, visitará esta tarde aos nove asistentes do primeiro grupo –os outros nove participarán mañá nas sesións, programadas á mesma hora- ao inicio da convocatoria, que se desenvolverá nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmáns Froilaz, na Gándara entre as 17.00 e as 20.00 horas. Villamar agradeceu unha vez máis a implicación do sector hostaleiro da cidade, ao que se dirixe esta convocatoria, na que o chef Roberto Filgueira, do restaurante O Balado (Boqueixón) se encargará de explicarlles algunhas das posibilidades culinarias da anguía. O concelleiro naronés recordou ademais que o vindeiro mes de outubro, na semana do 9 ao 15, varios establecementos hostaleiros da cidade ofrecerán á súa clientela a posibilidade de degustar anguía entre a oferta do seu menú diario. “Desde o Concello de Narón contamos cunha subvención de 42.955 euros do Grupo de Acción Local Pesqueira que se destinará a diferentes colaboracións co sector hostaleiro para promocionar o consumo de anguía, un peixe que se captura desde hai moitos anos na nosa ría e, ao tempo, para impulsar ao sector pesqueiro”, recordou Villamar. O edil de Promoción Económica comprometeu tamén o apoio económico do Concello de Narón nesta e noutras iniciativas encamiñadas a colaborar con estes e outros sectores na cidade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal