Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE NOVAS TECNOLOXÍAS INICIA EN PEDROSO OS CURSOS DE INTERNET NO RURAL
Un centenar de veciños asistirán ás clases, que se celebran tamén nas parroquias de Castro, O Val, San Xiao e Sedes.
Narón, 26 de Xuño de 2008.- A Concelleira de Novas Tecnoloxías de Narón, Paloma González Cuevas, ven de anunciar o inicio no día de hoxe do Programa de Cursos de Internet no Rural, co que o goberno municipal pretende extender o uso das novas tecnoloxías ás parroquias máis diseminadas do centro urbán de Narón. En total inscribíronse 92 alumnos ó curso de Iniciación á Informática, dirixido a persoas que non tiveron contacto previo cos ordenadores. As clases se impartirán nos locais sociais municipais das seguintes parroquias: Pedroso, O Val, Castro, San Xiao e Sedes. En cada unha destas asociacións se instalarán ordenadores portátiles –un por cada alumno- co fin de que os inscritos poidan familiarizarse en primeira persoa coas novas tecnoloxías, e adquirir os primeiros coñecementos para poder navegar por Internet. Os cursos teñen unha duración de 10 horas (repartidas en 7 clases de 90 minutos cada unha), e se levarán a cabo como sigue: -Pedroso: primeiro grupo: días 26 de xuño, e 1, 3, 8, 9, 10, e 14 de xullo. Segundo grupo: días 15, 16, 17, 21, 23, 28 e 30 de xullo. Ambos en horario de 20 a 21:30 horas. a cabo nos seguintes horarios: -Sedes: días 27 e 30 de xuño, e 2, 4, 7, 11 e 18 de xullo. Horario: de 20 a 21:30 horas. 10 persoas inscritas. -O Val: días 1, 3, 8, 10, 15, 17 e 18 de xullo. Establecéronse dos turnos: de mañá (10:30 a 12 horas) e de tarde (18 a 19:30 horas). -Castro: días 2, 4, 7, 9, 11, 14, e 16 de xullo. Dous turnos: de 16 a 17:30 horas, e de 18 a 19:30 horas. -San Xiao: días 21, 22, 23, 24, 28, 29 e 30 de xullo. Dous turnos: de 16 a 17:30 horas, e de 18 a 19:30 horas. A Concelleira de Formación, Emprego e Novas Tecnoloxías, Paloma González Cuevas, visitará cada un destes cursos co fin de saudar ós asistentes e comprobar a utilidade dos mesmos, que en setembro se complementarán con outro de Perfeccionamento no uso de ordenadores (ata agora, hai 32 solicitudes para este último)

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal