Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
OS ACTORES LOLA HERRERA E JUANJO ARTERO REPRESENTARÁN ESTE SÁBADO NO PAZO A OBRA "LA VELOCIDAD DEL OTOÑO"
OS ACTORES LOLA HERRERA E JUANJO ARTERO REPRESENTARÁN ESTE SÁBADO NO PAZO A OBRA
As últimas entradas para ver esta obra da compañía Pentación Espectáculos están á venda na billeteira do Pazo da Cultura
Narón, 27 de setembro de 2017. Dous afamados actores do panorama nacional, Lola Herrera e Juanjo Artero, subiranse este sábado, día 30, ao escenario do Pazo da Cultura de Narón. A compañía Pentación Espectáculos trae á cidade a obra "La velocidad del otoño", unha peza protagonizada por Herrera e Altero baixo a dirección de Magüi Mira. As últimas entradas están á venda na billeteira do Pazo da Cultura, a un prezo de 20 euros para o público xeral e de 14 para abonados, desempregados, e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).
"La velocidad del otoño" conta a historia de Alejandra, unha artista de 79 anos que se enfronta á súa familia polo lugar onde vai pasar a última etapa da súa vida. O seu fillo máis novo, Cristóbal, entrará en escena despois de vinte anos de ausencia, o que provocará intensas emocións na súa nai e conmoverá ao público presente. As conversas entre nai e fillo centrarán esta peza teatral, na que ambos analizan a súa situación desde diferentes puntos de vista e con numerosas semellanzas e diferencias entre eles.
Ao longo de algo máis dunha hora os espectadores terán a oportunidade de reflexionar sobre a fraxilidade e, ao tempo, a fugacidade da vida, sempre tendo moi presente o xeito de enfrontarse á vellez.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal