Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN SOCIAL CONVOCA CATRO OBRADOIROS DIRIXIDOS A PERSOAS MAIORES DO MUNICIPIO
A CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN SOCIAL CONVOCA CATRO OBRADOIROS DIRIXIDOS A PERSOAS MAIORES DO MUNICIPIO
As sesións, para as que está aberto o prazo de inscrición, son de "Manexo de móbil intelixente", "Caligrafía", "Corresponsabilidade para mulleres" e "Corresponsabilidade para homes"
Narón, 27 de setembro de 2017. A concelleira de Promoción Social, Teresa Sabio, informou sobre a apertura, hoxe día 27, do prazo de inscrición en catro obradoiros –un deles con cinco edicións- dirixidos especificamente ás persoas maiores de Narón. As sesións serán sobre “Manexo de móbil intelixente”, “Caligrafía”, “Corresponsabilidade para mulleres” e “Corresponsabilidade para homes” e impartiranse no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros e nalgúns locais sociais da zona urbana e rural, tal e como apuntou Sabio. “Máis dun cento de persoas poderán participar neste programa de atención ás persoas maiores, unha proposta de balde e pensada para as nosas veciñas e veciños maiores, aos que se lles ofrecerán unha serie de ensinanzas moi útiles para a súa vida diaria”, destacou Sabio, que animou á cidadanía a inscribirse nestes obradoiros.
As sesións de “Manexo de móbil intelixente” diríxense a un total de 15 persoas e terán lugar no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros os xoves de 10.00 a 11.30 horas. Os asistentes terán a oportunidade de aprender a manexar os novos teléfonos móbiles, practicando coas diferentes aplicacións, descargándoas e instalándoas, entre outras funcións.
O obradoiro de “Caligrafía” terá un total de cinco edicións, polo que participarán en total un máximo de 75 persoas. As sesións programáronse no centro Manuela Pérez Sequeiros os martes de 10.00 a 11.30; no local social de Piñeiros os xoves de 10.00 a 11.30; no local social da Solaina os xoves de 11.45 a 13.15 e no local da SCR “A Pombiña”, de Pedroso, os xoves de 16.00 a 17.30. Esta iniciativa púxose en marcha, tal e como indicou Sabio, en colaboración coas asociacións de maiores das parroquias da localidade, ás que a edil naronesa agradeceu a súa implicación. Os asistentes aprenderán a escribir con letra artística e recibirán unha introducción práctica sobre o uso de plumillas, pincéis e ferramentas caligráficas, entre outros contidos.
Os obradoiros de “Corresponsabilidade” para mulleres e homes diríxense a un total de 24 persoas. No caso dos primeiros, as participantes abordarán temas como o coñecemento das ferramentas, albanelería, electricidade e fontanería básicas, bricolaxe, ou arranxo e mantemento dos vehículos, entre outras. No que respecta ao dirixido aos homes, a temática inclúe nocións básicas de tecidos, etiquetado, produtos de limpeza, lavado, desinfección de superficies, arranxos básicos de prendas ou coidado de menores. Os dous terán lugar no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros nas xornadas dos luns, de 17.00 a 19.00 o dirixido ás mulleres e de 19.00 a 21.00 o dos homes.
“Con este tipo de actividades, desde o Concello de Narón apostamos por facilitar a socialización activa das persoas maiores, ofrecéndolles a oportunidade de interactuar con máis xente durante o desenvolvemento destes obradoiros e tamén favorecer a súa autonomía persoal”, apuntou Sabio.
As persoas interesadas en anotarse deben cubrir un formulario de solicitude que se solicitará e entregará no Rexistro municipal, de luns a venres en horario de 8.30 a 13.00 (a partir do 2 de outubro ata as 13.30 horas). As prazas ofertadas para cada un dos cursos cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Pódese solicitar máis información no Servizo Sociocomunitario Municipal –no primeiro andar do Concello- ou chamando ao número de teléfono 981 337 700 (ext.1113).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal