Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PLENO APROBOU O NOMEAMENTO DE MARIÁN FERREIRO COMO REPRESENTANTE DO CONCELLO EN VARIOS ORGANISMOS
O PLENO APROBOU O NOMEAMENTO DE MARIÁN FERREIRO COMO REPRESENTANTE DO CONCELLO EN VARIOS ORGANISMOS
Na sesión tamén saíu adiante a proposta de solicitude á Xunta Electoral Central do nomeamento da concelleira que pasará a formar parte do goberno local, María del Carmen Espada
Narón, 28 de setembro de 2017. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presidiu hoxe o pleno ordinario celebrado a partir das 10.00 horas no Concello e que rematou pasadas as 12.00. Na convocatoria aprobouse a toma de razón da renuncia de José Manuel Blanco, exalcalde de Narón, ao seu cargo e tamén a proposta de solicitar á Xunta Electoral Central o nomeamento da concelleira que pasará a formar parte do equipo de goberno na súa substitución, a edil María del Carmen Espada, que ocupou o undécimo posto nas listas coas que Terra Galega concurriu ás eleccións municipais de 2015.
No pleno deuse conta de varios asuntos de trámite, entre eles a designación dos tenentes de alcalde, pasando o edil Guillermo Sánchez Fojo (TEGA) a ser o primeiro e incorporándose en sétimo lugar o concelleiro Ibán Santalla (TEGA), que tamén pasará a formar parte da Xunta de Goberno Local. Os cambios realizados implican ademais o nomeamento do edil Guillermo Sánchez Fojo como portavoz do grupo municipal de Terra Galega, sendo o suplente o concelleiro Román Romero.
As delegacións das presidencias das Comisións de goberno foron outro dos asuntos abordados na sesión, así como o nomeamento da nova alcaldesa, Marián Ferreiro, como representante do Concello en varios organismos: Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, Comisión de deslinde co Concello de Valdoviño, Cosma, Fundación Parque Científico Tecnolóxico Río do Pozo, Padroado da Fundación Social Terra de Trasancos, Mesa Local do Comercio de Narón, Consello Xeral de Participación Cidadá, Eixo Atlántico e Xunta Local de Seguridade. As dedicacións exclusivas mantéñense en tres, correspondentes á alcaldesa, Marián Ferreiro, ao concelleiro de Obras Públicas, Persoal e Recursos Humáns, Pablo Mauriz, e á edil de Participación Cidadá e Acción Social, Catalina García.
Finalizados os asuntos correspondentes aos nomeamentos, o goberno local aprobou –tamén co voto favorable do portavoz de EU- unha serie de modificacións na ordenanza que regula a expedición de licenzas de vao e reservas da vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos e carga e descarga de mercadorías. En base a estes cambios, non se poderá ampliar a lonxitude no acceso, os espazos abertos ou garaxes con capacidade inferior a cinco vehículos e contémplase, entre outras medidas, a posibilidade de autorizar reservas de ocupación do espazo público temporal para fins como, por exemplo, subministrar e bombear formigón, descargar gasóleo ou colocar vehículos de exposición e mesas para reparto de publicidade comercial.
No pleno aprobouse, coa abstención do PP e ENE, o nomeamento de oitenta e sete novas vías e tramos na parroquia do Val, que pasarán a incorporarse ao rueiro oficial do Concello.
A incorporación da UGT ao Consello Sectorial de Igualdade, a aprobación de Regulamento de funcionamento e utilización de locais culturais rexidos polo Padroado da Cultura e a dos festivos locais de 2018 (23 de novembro, Día de Narón, e 14 de febreiro, Mércores de Cinza), foron outros dos asuntos da sesión desta mañá.
Tras dar conta sobre varios puntos referidos á área económica, procedeuse a abordar as mocións. O BNG presentou unha sobre a limpeza dos ríos no termo municipal de Narón, instando a Augas de Galicia a elaborar un informe do estado dos ríos que discorren polo termo municipal de Narón e ofrecendo a colaboración do Concello na financiación do 50% do orzamento proxectado para as actuacións precisas. Aprobáronse tamén unha moción de EU en solidariedade co pobo saharaui; outra do PSOE para instar á Xunta a loita e prevención da praga da vespa velutina e unha segunda deste partido sobre un novo modelo salarial e un novo pacto de rentas en España; outra do BNG para condenar as declaracións da Fundación Francisco Franco sobre as visitas guiadas ao Pazo de Meirás e apoiando ao Concello de Sada para instar á Xunta a que se encargue das visitas guiadas ao Pazo.
Saíu tamén adiante no pleno unha declaración institucional sobre o Día Internacional da Nena, o 11 de outubro, e unha moción presentada por ENE por vía de urxencia sobre o Camiño Inglés, ao aceptar o seu portavoz unha enmenda proposta por TEGA. No documento, aprobado por unanimidade, ínstase aos organismos responsables do Camiño de Santiago a corrixir a sinalización para manter o trazado orixinal e, ao aceptarse a enmenda, o goberno local actuará en base aos informes técnicos a realizar para facer unha proposta á Consellería de Cultura para mellorar a sinalización na zona e dar prioridade ao trazado de maior valor histórico, que é o que discurre polas inmediacións do muíño das Aceñas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal