Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PASARELA SOLIDARIA "MULLERES EN VERMELLO" CELEBRARASE NO AUDITORIO MUNICIPAL
A cita será o 29 de setembro a partir das 18.00 horas e as persoas interesadas en asistir deberán doar como mínimo un quilo de alimentos non perecedoiros, roupa ou material de hixiene que se entregará ao Centro de Recursos Solidarios de Narón
Narón, 28 de setembro de 2017. O Auditorio municipal de Narón acollerá o 29 de setembro, a partir das 18.00 horas, os actos organizados con motivo da Semana do Corazón 2017, nos que se enmarca a Pasarela Solidaria “Mulleres en vermello”. A convocatoria, organizada pola Asociación de Amigos del Corazón (Amicor), en colaboración co Concello de Narón e outras entidades, ten entrada de balde, se ben os asistentes deben doar como mínimo un quilo de alimentos non perecedoiros, roupa, calzado ou produtos de hixiene que se doarán ao Centro de Recursos Solidarios de Narón. O médico Carlos Piñeiro presentará ás 18.00 horas o proxecto “Cardioescola”, unha iniciativa pensada para que os nenos e nenas da cidade se conciencien sobre a importancia da prevención cardiovascular, investigando sobre hábitos e estilos de vida saudables e no que os menores serán os protagonistas e, ao tempo, os encargados de concienciar aos seus pais e nais sobre esta problemática. A continuación terá lugar unha conferencia, na que participarán a cardióloga Marisol Bravo, a matrona Natalia Pérez e o doutor Emiliano Fernández. A convocatoria inclúe unha nova edición da Pasarela Solidaria “Mulleres en vermello”, na que desfilarán varias persoas, entre elas persoal de Amicor, da Asociación Dignidade –que tamén colabora no evento- e voluntarias que desfilarán vestidas de vermello con roupa propia ou, nalgúns casos, cedida por establecementos. A música e o baile completarán a programación de actos de mañá, coas actuacións dos solistas Xoán Rubia, Layla e Carlos Mella, unha exhibición de baile de dúas parellas da categoría Sénior da Escola Tedaga, unha actuación do grupo Coredance, do Val, e outra de bailes de salón na que participarán dous grupos infantís tamén da Escola de Baile Tedaga.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal