Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS DO CONCELLO PARA ASOCIACIÓNS E ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO
APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS DO CONCELLO PARA ASOCIACIÓNS E ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO
O importe das subvencións deberá destinarse a programas relacionados con diferentes áreas e para poder solicitalas é preciso que estean inscritas no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás,
Narón, 4 de outubro de 2017. O Concello de Narón abrirá mañá xoves, día 5, o prazo de solicitude de subvencións dirixidas a asociacións e institucións de carácter social e outras entidades sen ánimo de lucro. A convocatoria implica destinar o importe a actuacións a programas das áreas socioeducativa, sociocultural, de igualdade, de persoas con discapacidade ou drogodependentes, de infancia, inmigración, minorías étnicas, xuventude, medio ambiente e outras que poden consultarse no anuncio publicado hoxe no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (no enlace: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/10/04/2017_0000008332.pdf).
Para poder optar a estas subvencións é obrigatorio que as asociacións e entidades estean legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás do Concello de Narón, cos datos actualizados no momento de presentar a solicitude e tendo xustificadas as axudas ou subvencións concedidas en anos anteriores polo Concello, de ser o caso.
As axudas poden solicitarse a través do Rexistro Municipal do Concello de Narón durante os próximos trinta días naturais (contados a partir de mañá), de luns a venres, de 8.30 a 13.30 horas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal