Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A "XXXV MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL" CHEGARÁ A MÁIS DE 6.000 ESCOLARES DE NARÓN E COMARCA
O Padroado da Cultura de Narón organiza un ano máis esta convocatoria, que se desenvolverá nas instalación do Auditorio municipal e tamén nas garderías municipais e na unidade de Infantil do colexio Santiago Apóstol
Narón, 16 de outubro de 2017. Un total de 6.094 escolares de Narón e comarca están xa inscritos para acudir aos espectáculos programados na trixésimo quinta edición da Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil organizada polo Padroado da Cultura de Narón e iniciada hoxe. A alcaldesa da cidade e presidenta do organismo, Marián Ferreiro, desprazouse esta mañá ao Auditorio municipal, donde tivo lugar a primeira das representacións enmarcadas nesta convocatoria, que rematará o vindeiro 9 de novembro. Do total de espectadores, 4.504 procederán de centros educativos de Narón e os 1.590 restantes doutros da comarca. A maiores dos máis de 6.000 escolares xa anotados, desde o Padroado recordouse que os centros de ensino doutros concellos interesados en anotarse nesta Mostra teatral –para as modalidades de Primaria, ESO e Bacharelato, ao estar completa Infantil- deben poñerse en contacto co Padroado da Cultura de Narón. A convocatoria conta coa colaboración de Vicepresidencia da Deputación da Coruña, a través do departamento de Cultura. A compañía Eme2 foi a encargada de inaugurar a Mostra, esta mañá ás 10.00 horas coa obra Contacreques, coa presenza de 187 alumnas e alumnos de 3 a 5 anos dos colexios Ponte de Xuvia, Piñeiros e Virxe do Mar. Tamén esta mesma mañá, pero a partir das 12.00, acudiron a ver esta obra 259 escolares da Gándara e do CRA, da mesma idade. As representacións desta compañía continuarán mañá e o mércores, xornadas nas que pasarán polo Auditorio municipal un total de 927 escolares de 3 a 5 anos dos colexios da Solaina, O Feal, Freixeiro, Jorge Juan, Santiago Apóstol e Ayala, e tamén de centros da comarca: Unión Mugardesa e Santiago Apóstol (os dous de Mugardos), A Xunqueira (Fene), San Isidro e Maciñeira (ambos de Neda), Manuel Masdías (Pontedeume), Os Casais (Fene), Mercedarias (Ferrol), Eladia Mariño (Pontedeume) e As Mirandas (Ares). A programación da Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil retomarase no mes de novembro, concretamente o día 2, co espectáculo Edipo, da compañía Chapitó. Nesa xornada desprazaranse ao Auditorio alumnas e alumnos de primeiro e segundo de ESO dos centros do Feal, Ayala, Jorge Juan, As Telleiras, Santiago Apóstol e de terceiro e cuarto de ESO do Feal, Ayala, Jorge Juan, As Telleiras, Santiago Apóstol e Terra de Trasancos. A mesma representación será a que terá lugar o día 3 de novembro, cando verá a obra alumnado de Bacharelato e ciclos dos IES As Telleiras e Terra de Trasancos e de ciclos do Santiago Apóstol e tamén do Terra de Trasancos, A Xunqueira (Fene) e do IES Catabois (Ferrol). A compañía Ghazafelhos estará os días 6, 7, 8 e 9 de novembro no Auditorio, representando a obra Lúa. Durante eses catro días acudirán como espectadores alumnas e alumnos de primeiro a sexto curso de Primaria dos centros Ponte de Xuvia, Piñeiros, Ayala, Virxe do Mar, Jorge Juan, Gándara, CRA, A Solaina, O Feal e Santiago Apóstol, todos de Narón, e tamén de Unión Mugardesa, Virxe da Cela (de Monfero, primeiro e segundo curso), Santiago Apóstol de Franza, Mercedarias (terceiro e cuarto curso), Jorge Juan de Fene (primeiro e segundo curso). A Xunqueira, San Isidro, Maciñeira, Manuel Masdías, Os Casais (terceiro a sexto curso), Eladia Mariño e As Mirandas. As representacións da Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil do Padroado da Cultura chegarán tamén antes de finais de ano ás escolas infantís municipais da Solaina, A Gándara e Piñeiros e á unidade de Infantil do colexio Santiago Apóstol. Nestes centros contabilízanse un total de sete representacións e xa están inscritos trescentos menores. A presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, recordou que a entrada aos espectáculos custa dous euros –para sufragar os gastos de desprazamento en autobús-. Así mesmo, subliñou que a través desta iniciativa, consolidada xa no calendario do Padroado da Cultura de Narón, “contribuímos a fidelizar o público de menor idade, para o que durante o ano se organizan a través do Padroado numerosas actividades e tamén se convocan diversos espectáculos, tanto no Auditorio como é nesta ocasión, como no Pazo da Cultura e noutros espazos públicos da cidade”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal