Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BANDA DO GARAXE DARÁ UN CONCERTO NO CAFÉ TEATRO DO PAZO DA CULTURA
A cita será o día 20 de outubro, xornada na que doce rapazas e rapaces da comarca e integrantes das Bandas da Asociación Cultural Musical Sementeira interpretarán un completo repertorio musical
Narón, 18 de outubro de 2017. A Banda do Garaxe, unha formación creada a finais de 2016 e formada por doce rapazas e rapaces da comarca e integrantes doutras bandas da Asociación Cultural Musical Sementeira, de Narón, actuará o vindeiro venres, día 20, no Café Teatro do Pazo da Cultura. O concerto prográmase tralas actuacións do verán desta formación, con motivo do peche de tempada e antes de iniciar os ensaios do inverno. A cita dará comezo ás 20.00 horas e a entrada é de balde. Na tempada estival os integrantes da Banda do Garaxe, dirixida por Eusebio López, actuaron no Pantín Classic, nas instalacións do Centro Comercial Dolce Vita Odeón e noutros eventos. Así mesmo, tal e como indicaron desde Sementeira, “estiveron especialmente involucrados e activos nas saídas de tódalas Bandas da Asociación nas que participan, e algúns dos músicos realizaron moitos arranxos musicais de temas que interpretan”. O concerto, cun amplo repertorio de música moderna e festiva, terá unha duración aproximada dunha hora. Foi precisamente no Café Teatro do Pazo da Cultura, tal e como recordaron desde Sementeira, donde deu o seu primeiro concerto A Banda do Garaxe, o pasado mes de abril, cando os músicos interpretaron temas dos Blues Brothers, Raphael e Adele, entre outros.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal