Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLEIRA DE FORMACIÓN E EMPREGO VISITA ÓS ALUMNOS DO PLAN FIP 2008
Un total de 90 persoas participan nos seis cursos de formación.
Narón, 3 de Xullo de 2008.- A Concelleira de Formación Laboral e Emprego de Narón, Paloma González Cuevas, visitou hoxe ós alumnos que participan no Plan de Inserción Profesional 2008 (Plan FIP), que leva a cabo o Concello de Narón en colaboración coa Consellería de Traballo da Xunta, e o Fondo Social Europeo. En total, o orzamento previsto para os seis cursos é de 463.591,75 euros. Aquí se inclúen os gastos de persoal docente, administrativos, consumibles, aluguer de maquinaria, segurios, e incluso as becas e bolsas mensuais que se abonan ós participantes. Os seminarios estanse a desenvolver na Nave de Formación “Irmans Froilaz”, situada no Polígono de A Gándara e de propiedade municipal. A programación desta nova edición do Plan FIP contempla os seguintes cursos: Albanelería, Electricista de Edificios, Electronicista básico de Edificios, Caldereiro-tubeiro, Carpinteiro, e Auxiliar de Axuda no Fogar. Todos eles están xa en marcha, salvo o último que dará comenzo a vindeira semán. A Edil responsable de Formación laboral explicou que esta nova edición do Plan FIP dará formación a 90 desempregados, que recibirán ademáis de nocións específicas, unha formación complementaria de módulos transversais en materia de Formación para a Igualdade (10 horas) e de Alfabetización Informática e Internet (25 horas). Ademáis, os alumnos que rematen os cursos participarán nun programa de colocación nas empresas, a través do equipo de orientación laboral e emprego do Servizo Sociocomunitario Municipal. Os beneficiarios do Plan FIP 2008 reciben clases teóricas e prácticas na nave de formación de A Gándara, onde dispoñen do lugar adecuado para realizar as probas necesarias correspondentes ás materias ensinadas. É o caso, por exemplo, dos alumnos do Cursos de Albanelería e Carpinteiría, cuia programación inclúe a construcción interior dunha casa (paredes, chimenea, armarios empotrados, cociñas, portas e fiestras).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal