Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A MODIFICACIÓN DAS ORDENANZAS FISCAIS INCLÚE UNHA REBAIXA DO COEFICIENTE DO IBI AO 0,62
A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o edil de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, anunciaron tamén unha nova ordenanza que regulará a taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local das instalación de transporte de enerxía eléctrica, gas e hidrocarburos
Narón, 19 de outubro de 2017. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, presentaron esta mañá as modificacións ás ordenanzas fiscais, que entrarán en vigor o vindeiro ano. Entre as máis significativas, tal e como indicaron os representantes do goberno local, está a baixada do coeficiente do Imposto de Bens Inmobles (IBI) aplicable aos de natureza urbana, que quedará nun 0,62%. Ferreiro destacou que esta é a segunda rebaixa deste imposto no último ano, tras reducilo do 0,66 ao 0,65 o pasado mes de outubro e incidiu en que a medida responde “ao compromiso do goberno local de reducir progresivamente, tal e como estamos facendo e dentro das posibilidades da administración local, este imposto á veciñanza do concello”. Así mesmo, inclúese unha nova ordenanza que regula a taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local das instalacións de transporte de enerxía eléctrica, gas, auga e hidrocarburos. Outro dos cambios realizarase sobre a ordenanza fiscal número 4, que regula o Imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Neste caso, tal e como indicou Villamar, no apartado de bonificacións engadirase unha nova na cota do imposto, en función das características dos motores, a clase de combustible e a incidencia da combustión no medio ambiente. Con respecto a esta ordenanza bonificarase nun 75% aos vehículos non contaminantes. A este respecto Villamar indicou que “desde o goberno local continuaremos apostando pola humanización da cidade, ofrecendo unha serie de medidas que apoien e consoliden diferentes propostas para reducir o uso dos vehículos na medida do posible”. En canto ao Servizo Sociocomunitario, amplíase a duración das quendas do programa ConciliaEscola, que se organiza coincidindo con períodos de vacacións escolares dos rapaces e rapazas, e adáptanse as taxas estipuladas a eses cambios no servizo. As novas quendas pasarán a ser de quince días de duración, en lugar dunha semana como viñan sendo ata o de agora, tal e como indicaron desde o goberno local. A alcaldesa e o edil de Xestión Orzamentaria recordaron que o resto de taxas municipais permanecerán conxeladas, manténdose así a liña dos últimos anos no Concello naronés. “Continuaremos traballando por reducir a presión fiscal entre a cidadanía, conscientes de que é preciso abonar as taxas correspondentes para poder prestar servizos pero tendo tamén moi en conta as dificultades derivadas da crise económica”, indicou Ferreiro.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal